O titular da Xunta visitou esta maña a estación de
tratamento de auga potable e as obras de mellora do abastecemento na Lama e na
parroquia de Antas
§
Lembra que desde 2009 a
Xunta leva investidos máis de 1.000 millóns só en saneamento: máis de 350
actuacións que benefician a 163 concellos
§
Asevera que no que se refire a obras de
abastecemento, a cifra investida supera os 100 millóns de euros; “o que nos
permitiu levar a cabo máis de 150 actuacións”
§
Resalta que que Galicia cumpre as condición
que esixe Unión Europea sobre o estado das augas e que a obra máis importante que se fixo nestes
anos foi a depuradora da ría de Vigo, ao que engadiu que “estamos tamén
planificando todo o sistema da nova depuradora da ría de Pontevedra”
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reiterou hoxe o
compromiso da Xunta coa calidade das augas galegas e subliñou que “entre o ano
2009 e 2020 teremos investidos en Galicia case 1800 millóns de euros en
abastecemento, saneamento e depuración das augas”. “O obxectivo está claro:
chegar a todos os lugares de Galicia e garantir auga potable e saneamento nos
núcleos de poboación superiores a 50 habitantes”, aseverou.
Durante a visita esta mañá á estación de
tratamento de auga potable e as obras de mellora do abastecemento na Lama e na
parroquia de Antas, Feijóo afirmou que estas obras reflicten o compromiso do
Goberno galego en materia de abastecemento, saneamento e de depuración. Non en
van, lembrou que, só en saneamento, se levan investidos máis de 1.000 millóns
de euros desde 2009 “1.000 millóns que están empezando a dar resultados e, se
en 2009 o 70% da auga que consumíamos tiña unhas condicións óptimas, hoxe é
case o 80% da auga que consumimos” precisou.
Máis polo miúdo, o titular da Xunta lembrou
que estes 1.000 millóns de investimentos permitiron realizar máis de 350
actuacións -5 actuacións de saneamento cada mes- que benefician a 163 concellos. “Máis do 75% deses 1.000 millóns
destinámolos á construción de 35 novas depuradoras, que dan servizo a 1,2
millóns de persoas, é dicir, case a metade da poboación galega ten unha
depuradora nova, construída entre 2009 e 2016”.
No que se refire a obras de abastecemento,
Feijóo asegurou que a cifra investida supera os 100 millóns de euros; “o que
nos permitiu levar a cabo máis de 150 actuacións”, recordou.
Segundo o presidente da Xunta, esta cifra de
1.000 millóns en saneamento e os 100 millóns en abastecemento fan que se poida
falar de “récord histórico de investimento en cinco anos, en materia de augas
na Comunidade”.
Ao longo da súa intervención, Feijóo resaltou
que Galicia está a cumprir as condicións que marca a Unión Europea sobre o
estado das augas. E, neste punto lembrou que a obra máis importante que se fixo
nestes anos foi a depuradora da ría de Vigo, “o maior investimento da historia
da Comunidade en depuración de augas, que empezará a funcionar este ano”, ao
que engadiu que “estamos tamén planificando todo o sistema da nova depuradora
da ría de Pontevedra”.
Despois de afirmar que estas obras suporán
“un antes e un despois”, Feijóo salientou que cumprir as condición que esixe a Unión
Europea fai posible que a Comunidade dispoña de 115 millóns de euros
procedentes da UE, que se inclúen dentro do Plan hidrolóxico para a Demarcación
Galicia-Costa, que conta cun orzamento total de 650 millóns de euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario