§
O DOG publica hoxe a Resolución pola que se convocan as axudas, cun
prazo de solicitude dun mes
§
Estas axudas súmanse aos 15,4 millóns de euros destinados ás Áreas
de Rehabilitación Integral e á Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de
Santiago e ao programa de rehabilitación edificatoria
§
Está prevista a convocatoria de novas axudas de rehabilitación por
importe de 1,4 millóns de euros máis
A Xunta de Galicia
destinará este ano catro millóns de euros a axudas de rehabilitación de
vivendas no medio rural, en conxuntos históricos e nos Camiños de Santiago,
segundo establece a Resolución de convocatoria que hoxe publica o Diario
Oficial de Galicia.
Dos catro
millóns de euros previstos, 3,5 serán destinados a axudas para a rehabilitación
de vivendas no ámbito rural.
Outros
500.000 euros serán destinados a actuacións en conxuntos históricos e nos Camiños
de Santiago. Estas axudas súmanse aos 3,2 millóns de euros tamén destinados
este ano á rehabilitación de vivendas na ARI dos Camiños de Santiago, que
comprende 107 concellos das catro provincias galegas. Asemade, os convenios
asinados en outubro de 2015 para o financiamento das Áreas de Rehabilitación
Integral incluían axudas por importe de preto de 9,5 millóns de euros, que
serán executadas ao longo de 2016. Cabe salientar que a meirande parte das ARI
galegas corresponden con conxuntos históricos de vilas e cidades.
Por outra
parte, tamén están convocadas (DOG o 4 de abril de 2016) as axudas de rehabilitación
edificatoria, por importe de 2.734.497 euros.
Ao abeiro
da Resolución publicada hoxe serán
subvencionables as actuacións de remate de fachadas e cubertas, rehabilitación
e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos
Camiños de Santiago que conten coa resolución de cualificación definitiva de
data anterior ao 18 de maio de 2014 para o ámbito rural e 1 de xaneiro de 2013
para o ámbito histórico e Camiños de Santiago.
Poderán ser
beneficiarias das subvencións as persoas físicas promotoras das actuacións
indicadas. Tamén poderán beneficiarse os que estando en
posesión da cédula de rehabilitación de calidade, non solicitasen a subvención
nos catro anos inmediatamente anteriores á data en que presenten a súa
solicitude de subvención ou que, téndoa presentado nese período, rematase o seu
procedemento sen obter subvención por esgotamento do crédito establecido na
convocatoria
As vivendas que se beneficien destas axudas estarán sendo
destinadas a residencia habitual e permanente dos beneficiarios. No caso de ser
vivendas destinadas ao alugueiro, deberán ter vixente o contrato de alugamento.
A subvención será do 50 por 100 do orzamento que figure na
resolución de cualificación definitiva, sen que esta subvención poida superar a
cantidade de 6.600 euros no caso das modalidades de remate de fachada e
rehabilitación; cando se trate da reconstrución de edificios e vivendas a
cantidade máxima da axuda será de 8.600 euros.
O prazo para a presentación de solicitudes será de un mes.
Outras axudas
Ademais das axudas de rehabilitación incluídas na Resolución
publicada hoxe e os programa xa en vigor, en 2016 está previsto destinar 1,4
millóns de euros a axudas destinadas á obtención do certificado de avaliación
enerxética, axudas a comunidades de propietarios de vivendas de promoción
pública para a súa rehabilitación e a axudas aos concellos para a
rehabilitación de vivendas en materia de eficiencia enerxética.
A convocatoria destas axudas realizarase proximamente a
través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
No hay comentarios:
Publicar un comentario