A
Consellería de Infraestruturas remitiu esta semana escritos aos municipios de Pontevedra,
Campo Lameiro, A
Lama, Barro, Cotobade, Vilaboa, Ponte Caldelas, Poio, Marín e Bueu
§
O Plan de Sendas de Galicia prevé a construción
de 170 novos quilómetros de itinerarios seguros, sustentables e integrados na
paisaxe
§
Mentres pon en marcha os itinerarios da primeira
fase, o Goberno galego avanza xa na planificación da segunda de acordo coas
necesidades dos municipios
§
Estas accións teñen
beneficios para as as persoas, ao velar pola súa seguridade; as vilas,
supoñendo menor conxestión de vehículos en tramos saturados; e para o medio,
reducindo a contaminación
Xunta convida a 9 concellos da comarca de
Pontevedra a participar na elaboración da segunda fase do Plan de Sendas de
Galicia trasladando as súas actuacións prioritarias. A Consellería de
Infraestruturas e Vivenda remitiu esta semana escritos aos concellos de Pontevedra, Campo
Lameiro, A Lama, Barro, Cotobade, Vilaboa, Ponte Caldelas, Poio, Marín e Bueu, solicitando
que remitan información á Xunta sobre os itinerarios que consideran que se
deben executar ao abeiro deste plan autonómico.
O Plan de Sendas de Galicia é a folla de ruta
coa que a Administración autonómica quere avanzar na seguridade viaria e a
protección dos usuarios máis vulnerable das estradas, fomentando ao mesmo tempo
unha mobilidade sustentable, de acordo cos obxectivos da Unión Europea de
promoción da economía baixa en carbono.
Nese marco, a Xunta prevé a construción de 170
novos quilómetros de sendas peonís e ciclistas seguras, sustentables e
integradas na paisaxe nas estradas de titularidade autonómica, para facilitar
que os veciños das vilas realicen os percorridos cotiáns a equipamentos e
servizos sen usar o coche pero en condicións seguras.
Contarase para elo co cofinanciamento da Unión
Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco
do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Estas actuacións teñen beneficios para as
persoas, ao velar pola súa seguridade e tratar de fomentar hábitos máis
saudables; para as vilas, supoñendo menor conxestión de vehículos en tramos
saturados e novos espazos de tránsito; e para o medio, buscando menos
contaminación acústica e mellorando a calidade do aire, ao reducir a emisión de
gases contaminantes.
O Goberno galego quere que a execución destas
sendas responda ás necesidades reais dos cidadáns por iso solicita a través das
cartas enviadas esta semana que os concellos trasladen as actuacións que
consideran de maior interese ou necesidade.
A elaboración deste Plan partiu dunha análise
global do territorio de toda a comunidade, priorizando aquelas comarcas nas que
actuar primeiramente, atendendo a factores como:
- A situación dos núcleos de poboación, os servizos e os equipamentos
- O tráfico e a siniestralidade que rexistra cada treito da estrada
- A orografía e as pendentes do terreo
- O clima
- A facilidade de implantación
No hay comentarios:
Publicar un comentario