§
O obxectivo principal do
proxecto á acadar a redución da velocidade de circulación na contorna do punto
quilométrico 8 da estrada, e deste xeito reducir a accidentalidade
§
A Xunta, a través da Axencia
Galega de Infraestruturas, financia estas actuacións mediante a achega
económica dun orzamento de máis de 502.000 euros
§
As
actuacións previstas centraranse na execución dunha glorieta no principal
acceso ao polígono industrial de Sequeiros, na construción de paradas de
autobús cun apartadoiro e melloras na sinalización
§
Estas obras
complementaranse coa rehabilitación do firme dos accesos ao polígono e ao
núcleo de Sequeiros, nun treito antigo da estrada
O Consello da Xunta aprobou hoxe as
expropiacións para a mellora da seguridade viaria da estrada Pontevedra-
Vilagarcía (PO-531), en Barro, na zona de acceso ao polígono de Sequeiros. O Decreto de Utilidade Pública comprende as
expropiacións das fincas necesarias para a mellora da estrada autonómica
PO-531, entre os puntos quilométricos 7+700 e 8+350, no Concello de Barro.
O obxectivo principal do proxecto á acadar
a redución da velocidade de circulación na contorna do punto quilométrico 8 da
estrada, e deste xeito reducir a accidentalidade que rexistra o vial neste tramo.
A Xunta, a través da Axencia Galega de
Infraestruturas, financia estas actuacións mediante a achega económica dun
orzamento de máis de 502.000 euros.
As actuacións previstas centraranse na
execución dunha glorieta no principal acceso ao polígono industrial de
Sequeiros (p.k.8+250). A construción da rotonda, ademais de mellorar a
seguridade viaria no cruce ao evitar os numerosos cruzamentos que se producen
desde o carril central actual, conseguirá minimizar o tráfico na contorna do
p.k. 8. O exceso de velocidade identificouse como unha das principais causas da
accidentalidade que se rexistra no tramo; por tanto, a execución da glorieta,
que obrigará á redución da velocidade por parte dos condutores, colaborará a
mellorar a seguridade viaria da PO-531 ao seu paso polo Concello de Barro.
O proxecto tamén contempla a execución de
paradas de autobús cun apartadoiro, de xeito que os autobuses non paren no
carril de circulación, así como melloras nas barreiras de contención e na
sinalización. A actuación compleméntase coa rehabilitación do firme dos accesos
ao polígono e ao núcleo de Sequeiros, nun treito antigo da estrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario