A Mesa do Camiño Portugués acorda establecer un reglamento do seu funcionamento para incrementar a súa eficacia - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 28 de abril de 2016

A Mesa do Camiño Portugués acorda establecer un reglamento do seu funcionamento para incrementar a súa eficacia



A directora de Turismo de Galicia participou na mesa de traballo que integra aos doce concellos pontevedreses desta Ruta Xacobea, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a Asociacións de Amigos do Camiño


O obxectivo de establecer este regulamento de funcionamento interno é mellorar e impulsar os traballos desta entidade de colaboración dado o incremento de peregrinos que está a rexistrar
Por outra parte, tamén se considerou necesario incorporar a esta mesa do Camiño Portugués aos concellos da súa variante pola costa, recoñecida oficialmente pola nova Lei de Patrimonio Cultural


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na Mesa de Traballo do Camiño Portugués que integra aos doce concellos polos que pasa esta Ruta Xacobea na provincia de Pontevedra, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a Asociacións de Amigos do Camiño.
Durante o encontro celebrado nesta mañá acordouse impulsar un marco regulamentario para o funcionamento da Mesa para facela, así, máis operativa e incrementar a súa eficacia.
O obxectivo de establecer este regulamento de funcionamento interno é mellorar e impulsar, así, os traballos desta entidade de colaboración.
Neste senso, tanto Turismo de Galicia como a Deputación de Pontevedra comprometéronse a traballar conxuntamente para ter, no menor espazo de tempo posible, este regulamento para remitir aos doce concellos e que aporten as súas opinións.
A necesidade de que esta entidade colaborativa teña o seu propio regulamento ven dado polo incremento que está a rexistrar o Camiño Portugués entre os peregrinos que chegan a Santiago de Compostela. O pasado ano, dos 262.515 peregrinos que chegaron a Galicia, 43.151 empregaron o Camiño Portugués, o que supón o 16,44% do total de peregrinos que recolleron a Compostela. No que se refire a este ano 2016, esta ruta consolidouse como a segunda con maior afluencia de peregrinos ao rexistrar no que vai de ano máis do 20% do total.
Por outra parte, na reunión celebrada no día de hoxe tamén considerouse necesario incorporar a esta mesa do Camiño Portugués aos concellos da súa variante pola costa, recoñecida oficialmente onte coa aprobación por parte do Parlamento da nova Lei de Patrimonio Cultural.
Así mesmo, durante o encontro a responsable de Turismo da Xunta sinalou que a administración turística galega incrementou as actuacións realizadas para a mellor conservación e mantemento da ruta. Entre outras actuacións, Nava Castro fixo referencia a iniciativas como o decreto de sinalización, o programa Cultura no Camiño 2016, a nova web www.caminodesantiago.gal ou a dotación da rede wifi gratuíta nos albergues públicos do Camiño.
A directora de Turismo de Galicia propuxo ademais iniciar unha liña de colaboración coa Escuela Itinerante de Turismo para a formación de persoal dos establecementos do Camiño Portugués. Neste senso, destacou o programa de "Profesionalización no Camiño" que ten como obxectivo mellorar o nivel de profesionalización do sector a través de cursos e xornadas enfocados á atención ao peregrino e a súa experiencia en Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario