A directora de Turismo de Galicia participou
hoxe no acto de entrega do distintivo SICTED ao Concello de Sanxenxo
§
O proxecto SICTED baséase na conciencia integral do destino e na
identificación de obxectivos comúns dos axentes implicados, perseguindo un
nivel de calidade homoxéneo nos servizos ofrecidos ao turista
§
A directora de Turismo de Galicia asegura que o obxectivo da Xunta é
traballar conxuntamente co sector para facer da calidade un elemento
diferenciador do noso destino
A
directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no acto de
entrega do distintivo SICTED ao Concello de Sanxenxo.
O proxecto SICTED
baséase na conciencia integral do destino e na identificación de obxectivos
comúns dos axentes implicados, perseguindo un nivel de calidade homoxéneo nos
servizos ofrecidos ao turista que nos visita.
Durante a súa
intervención, a directora de Turismo de Galicia felicitou ao Concello de
Sanxenxo pola súa aposta pola calidade destacando que o distintivo SICTED, por
un lado, certifica o gran esforzo desenvolvido polos seu axentes turísticos a
prol da optimización do servizo que prestan e, por outro, acredita unha xestión
solvente.
A responsable de
Turismo da Xunta sinalou que Sanxenxo é un dos destinos de interese turístico
da nosa comunidade autónoma grazas aos seus atractivos unidos á gran oferta de
aloxamento e restauración caracterizados por ofrecer un servizo de calidade.
Neste senso, Nava
Castro resaltou que a calidade deste municipio galego está recoñecida, ademais
de polo distintivo SICTED, polas numerosas empresas e servizos certificados coa Q de Calidade Turística, e
as súas praias e portos galardoados coa Bandeira Azul.
Por outra banda, a
responsable de Turismo de Galicia asegurou que o obxectivo da Xunta é traballar
conxuntamente co sector para facer da calidade un elemento diferenciador do
noso destino.
Nava Castro incidiu nesta liña explicando que
o apoio á implantación e desenvolvemento dos sistemas de calidade turística é
para Turismo de Galicia unha das principais prioridades xa que a calidade na
oferta e nos servizos constitúe un vector fundamental para acadar un sector máis
competitivo.
Así, a directora de Turismo de Galicia sinalou
que mostra disto é a nova liña de subvencións, publicada no DOG a pasada
semana, que dotada de 90.000 euros dará impulso, promoción e apoio ás iniciativas de calidade necesarias
para cumprir os esixentes estándares fixados polo Instituto para a Calidade
Turística Española (ICTE) para a obtención ou renovación da Q de Calidade
Turística.
“O feito de
incrementar os destinos con distintivos de calidade redunda nunha mellora da
imaxe do sector, pero tamén na mellora da confianza e da fidelidade dos turistas”,
sinalou.
A directora de
Turismo de Galicia rematou afirmando que a calidade dos establecementos,
servizos e produtos turísticos convértese nun feito diferencial e proporciona
unha vantaxe competitiva fronte a outros destinos con oferta similar. “Para
acadar éxito nas políticas de calidade é fundamental o compromiso e a
implicación conxunta, tanto da administración turística competente como do
propio sector”, concluíu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario