§ Sinala que contará con tres
eixos: o apoio á investigación, á transferencia de tecnoloxía e á creación de
empresas; a capacitación e consolidación empresarial; e a dinamización
sectorial a través de mecanismos de compra pública innovadora
§ “Temos unha estratexia para a
innovación con carácter xeral, temos aprobado o Plan de desenvolvemento rural
no ámbito do sector primario forestal, con 1.200 millóns de euros ata 2020 e
agora temos que iniciar a estratexia do sector da biotecnoloxía” asevera
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta
tarde que nas vindeiras semanas se presentará a
Estratexia de apoio á biotecnoloxía, que contará con tres grandes eixos: o
apoio á investigación, á transferencia de tecnoloxía e á creación de empresas;
a capacitación e consolidación empresarial; e a dinamización sectorial a través
de mecanismos de compra pública innovadora.
Así o expresaba o máximo responsable autonómico na súa visita á sede da
empresa pontevedresa Hifas da Terra, S.L., onde se reuniu cos membros da xunta
directiva para coñecer as súas liñas de traballo e ver as instalacións.
Segundo Feijóo, esta empresa dedicada á micoloxía é unha das compañías
punteiras nun sector, o biotecnolóxico, que xa é estratéxico para o país e polo
que a Xunta vai seguir apostando de cara ao futuro.
Con
respecto a isto, e consciente das capacidades para converter Galicia nunha
referencia internacional neste eido, Feijóo incidiu en que o Goberno galego está
a traballar cos axentes implicados para pór en marcha unha folla de ruta que
converterá esta actividade emerxente nun polo de atracción de investimentos e
talento. “ Temos unha estratexia para a innovación con carácter xeral, temos
aprobado o Plan de desenvolvemento rural no ámbito do sector primario forestal,
con 1.200 millóns de euros ata 2020 e agora temos que iniciar a estratexia do
sector da biotecnoloxía”, aseverou
Combinación de
materia prima galega e innovación
Logo de facer fincapé na importancia que teñen a formación e a
innovación para levar a cabo proxectos como Hifas da Terra, S.L.; Feijóo destacou
que esta empresa soubo combinar o produto galego coa innovación precisa para
aproveitar as potencialidades da materia prima. Grazas a isto, hoxe conta con
varias liñas de negocio consolidadas, que van desde a alimentación ata os
cultivos, pasando pola biomedicina.
Feijóo
lembrou, que son varios os premios que recibiu este proceso de crecemento
sustentable, baseado na I+D+i e a diversificación, e amosouse convencido de que
serán moitos os que vai acadar nun futuro próximo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario