· Os grupos máis demandados polos centros sanitarios galegos nestas semanas son A+, A-, O+ e B-
· A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue pon o teléfono gratuíto 900 100 828 , recomenda a cita previa, e informa onde participar
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento xeneralizado á participación de todos os cidadáns nas xornadas previas aos festivos de Semana Santa para aumentar as reservas de todos os grupos sanguíneos.
Nestes momentos, faise precisa a colaboración de todos os doantes pero moi especialmente, dos grupos A Positivo, Cero Positivo, A Negativo e B Negativo. As reservas destes catro grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan unha media de 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.
A Axencia convida aos cidadáns a amosar o seu carácter xeneroso e solidario xa que, debido a que o aumento na demanda de compoñentes sanguíneos, por mor do incremento da actividade asistencial e dos transplantes de órganos, e a coincidencia de datas festivas nestas semanas, rexistrouse unha diminución nos niveis de reservas dos distintos grupos sanguíneos.
Facilitar a participación
ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:
DATA |
CONCELLOS |
Luns 29 de marzo |
Cambre, Zona Juan Florez (A Coruña), Miño, Negreira, Trazo, Sarria, Bº O Posio (Ourense), Cuntis, Ponteareas e Zona As Travesas (Vigo) |
Martes 30 de marzo |
Ares, Coristanco, O Pino, Santa Cristina (Oleiros), Tordoia, Chantada, A Valenzá (Barbadás), Salceda de Caselas, Zona Coia (Vigo) e Vila de Cruces |
Mércores 31 de marzo |
Cabanas, Cantón-Obelisco (A Coruña), O Burco (Culleredo), Praza Roja (Santiago), Serra de Outes, Praza Maior (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense), Tameiga (Mos), Silleda e Rúa Príncipe (Vigo) |
Sábado 3 de abril |
Cantón- Obelisco (A Coruña), Praza de España (Ferrol), Praza Roja (Santiago), Rúa do Paseo (Ourense) e Rúa Príncipe (Vigo) |
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
LUGAR |
HORARIO |
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO (Santiago) |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña) |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE (Ferrol) |
Luns de 15:00 a 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres das 08:00 ás 22:00 horas |
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo) |
Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas |
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense) |
Luns das 08:00 ás 22:00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres das 15:00 ás 22.00 horas |
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra) |
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas |
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo) |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.gal, ás páxinas de ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828. Neste número de teléfono tamén é posible solicitar cita previa para maior comodidade dos doantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario