· Os grupos máis prevalentes na poboación galega, os grupos A+, A-, O+ e B-, son os máis demandados
· A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue pon o teléfono gratuíto 900 100 828 , recomenda a cita previa, e informa onde participar
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento xeneralizado á participación da cidadanía e, moi especialmente, aos grupos A Positivo, Cero Positivo, A Negativo e B Negativo. As reservas destes catro grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan unha media de 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.
A Axencia convida aos cidadáns a amosar o seu carácter xeneroso e solidario debido a que o aumento na demanda de compoñentes sanguíneos e a coincidencia de datas festivas nestas semanas ten repercutido nos niveis de reservas dos distintos grupos sanguíneos por mor do incremento da actividade asistencial hospitalaria e dos transplantes de órganos.
Facilitar a participación
ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:
DATA |
CONCELLOS |
Martes 23 de marzo |
F. Ciencias e F. Ccas. Educación (A Coruña), Narón, Escurís Barbanza (Pobra do Caramiñal), F. Forma. Prof. (Lugo), Castrelo de Miño, Viana do Bolo, Marín, Zona Herrería (Pontevedra), Porriño e Goián (Tomiño) |
Mércores 24 de marzo |
F. Ciencias e F. Ccas. Educación (A Coruña), Perillo (Oleiros), Narón, F. Bioloxía e F. Matemáticas, IES Porta da Auga (Ribadeo), Ribadeo, Maceda, Marín, Porriño, Zona Herrería (Pontevedra) e EU Maxisterio San Pablo CEU e Zona Balaídos (Vigo) |
Xoves 25 de marzo |
Bº Os Mallos e F. Ccas da Educación (A Coruña), Narón, F. Relacións Laborais e F. Ccas. Políticas e IES Fontiñas (Santiago), F. Admon. e Dirección de Empresas (Lugo), Guitiriz, Rúa do Paseo (Ourense), O Barco de Valdeorras, A Guarda, Cambados e Zona Travesía de Vigo |
Venres 26 de marzo |
Cee, Fene, Zona Riazor (A Coruña), Rianxo, Portosín (Porto do Son), Padrón, Vilalba, O Barco de Valdeorras, Rúa do Paseo (Ourense), Gondomar e Tui |
Sábado 27 de marzo |
Fene, Vilaboa (Culleredo), Padrón, Rianxo, Vilalba e Tui |
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
LUGAR |
HORARIO |
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO (Santiago) |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña) |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE (Ferrol) |
Luns de 15:00 a 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas Venres das 08:00 ás 22:00 horas |
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo) |
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas |
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense) |
Luns das 08:00 ás 22:00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres das 15:00 ás 22.00 horas |
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra) |
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas |
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo) |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.gal, ás páxinas de ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828
No hay comentarios:
Publicar un comentario