O Delegado Territorial de Pontevedra, Luís López, visita Barro no plan marco de Mellora de Camiños da Xunta - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 30 de marzo de 2021

O Delegado Territorial de Pontevedra, Luís López, visita Barro no plan marco de Mellora de Camiños da Xunta

 


A XUNTA DOTA ESTE ANO DUN ORZAMENTO DE CASE 400.000€ Á BISBARRA DE TERRAS DE PONTEVEDRA PARA A MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS AO ABEIRO DO PLAN MARCO

 

§  O delegado territorial, Luis López, anuncia que o Concello de Barro ten consignados para este exercicio 37.828€ deste programa e supervisa a actuación realizada en Faxil e Cancela coa anterior convocatoria, na que se investiron preto de 33.000€

§  Barro rolda os 200.000€ só de fondos do Plan Marco nos últimos cinco anos para a remodelación de camiños en Faxil, Cancela, Vilaverde, Mane, Agudelo, Cangrallo e Valiñas

§  É fundamental realizar un apoio constante aos concellos rurais para soster as súas infraestruturas, tal e como facemos dende a Xunta, para mellorar a súa mobilidade e facilitar os labores agrogandeiros”, destaca o representante rexional

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, contempla este ano un orzamento de case 400.000para a mellora de camiños municipais na bisbarras das Terras de Pontevedra ao abeiro do Plan Marco, segundo anunciou esta mañá o delegado territorial en Pontevedra, Luis López, na súa visita ao Concello de Barro.

O representante autonómico anunciou que este municipio ten consignados un total de 37.828€ no Plan Marco 2021-2022 nunha visita de supervisión realizada esta mañá, na compaña do alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, á actuación realizada nos lugares de Faxil e Cancela coa anterior convocatoria, na que se investiron preto de 33.000€.

Ademais da achega ao Concello de Barro, o organismo dependente da Consellería do Medio Rural vén de orzamentar, co Plan Marco, 44.305€ para o Concello de Campo Lameiro, 92.596€ para Cerdedo-Cotobade, 51.792€ para A Lama, 57.073€ para Pontevedra, 34.736€ para Ponte Caldelas, 36.560€ para Marín e 39.249€ para Vilaboa.

É fundamental realizar un apoio constante aos concellos rurais para soster as súas infraestruturas viarias, tal e como facemos todos os anos dende a Xunta, para mellorar a mobilidade das súas aldeas e parroquias e facilitar os labores agrogandeiros que, no caso dun municipio como Barro, teñen bastante peso na súa economía”, indicou o delegado territorial, que revelou que este concello rolda os 200.000€ de axudas de Medio Rural para a mellora de camiños nos últimos cinco anos só cos fondos do Plan Marco.

Así, e grazas a estas achegas, o Concello de Barro modernizou case unha decena de vías municipais en lugares como Faxil, Cancela, Vilaverde, Mane, Agudelo, Cangrallo ou Valiñas, entre outros.

Finalmente, Luis López destacou o elevado investimento nesta materia na bisbarra das Terras de Pontevedra, “que leva preto de 400.000€ para as súas vías interiores municipais dado o seu peso agrogandeiro e a existencia de moitas e amplas zonas rurais malia tratarse dunha contorna metropolitana”.

Así mesmo, garantiu o “absoluto compromiso e máxima colaboración” do Goberno galego coas necesidades de Barro, “dándolle continuidade ás moitas actuacións que está a acometer a Xunta en todos os ámbitos en aras do interese xeral dos veciños e que, no referente ao rural, plásmanse, por exemplo, no aumento este ano dun 15% na dotación do Plan Marco para este municipio”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario