Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 24 de noviembre de 2015

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SÚMASE Ó MOVEMENTO MOVEMBER



A institución provincial quere, desde xeito, contribuír ó fomento da vida saudable entre a poboación masculina

A Deputación de Pontevedra súmase ó movemento Movember, término que provén da contracción anglosaxona de moustache (bigote) con november (novembro). Este movemento, impulsado pola Movember Foundation, pretende fomentar unha vida máis saudable entre os homes.

Movember Foundation xorde no ano 2003 en Melbourne, cando un grupo de mozos deixaron medrar os seus bigotes para apoiar a un amigo con cancro de próstata. Esta organización benéfica internacional está comprometida co impulso dunha vida máis feliz, saudable e duradeira entre os homes que, de media, morren seis anos antes que as mulleres. Ata o de agora, o movemento financiou xa máis de 1.000 programas de investigación centrados no cancro de próstata, no cancro de testículos, na saúde mental e inactividade física.

A Deputación de Pontevedra quere sumarse a este movemento coa participación activa en redes sociais, para elo puxo en marcha para Twitter #MovemberEnDepo Mira polos teus. Mira por ti, mencionando a @MovemberEs, coa mensaxe que prefiran. A través desta etiqueta, todo o público está invitado a publicar o seu selfie con bigote.

Deputados e persoas vinculadas coa Deputación de Pontevedra xa están a participar no movemento, tratando de concienciar coas súas imaxes sobre a saúde masculina. A institución provincial quere converterse, así, en embaixadora do proxecto e facer un chamamento para impulsar unha vida máis saudable entre os homes así como a investigación nos cancros que afectan ó sector masculino da poboación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario