Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 6 de noviembre de 2015

CULTURA E EDUCACIÓN E A FEDERACIÓN GALEGA DE PERSOAS CON TDAH COLABORAN NA MELLORA DA ATENCIÓN EDUCATIVA A ESTE ALUMNADO





§         O conselleiro Román Rodríguez e a presidenta de FEGADAH, Montserrat Álvarez, asinaron un convenio no que tamén se recollen accións para a formación do profesorado e para o asesoramento das familias

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Galega de Asociacións de Persoas con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (FEGADAH), colaborarán no desenvolvemento de accións e actividades dirixidas á mellora da atención educativa ao alumnado con TDAH en Galicia.

Así se reflicte no convenio de colaboración asinado entre o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e a presidenta de FEGADAH, Montserrat Álvarez Rodríguez, que ten como finalidade sumar esforzos tanto no que se refire á atención aos alumnos e alumnas con esta problemática coma no eido de formación do profesorado e do asesoramento e atención ás familias de rapaces e rapazas con TDAH.

Deste xeito, dentro das actividades de formación permanente do profesorado deseñadas pola Consellería de Cultura e Educación, esta promoverá -en colaboración coa FEGADAH- modalidades formativas específicas no que atinxe á atención á diversidade e na formación do profesorado que atende a alumando con TDAH. Ambas institucións tamén colaborarán na sensibilización e na difusión de materiais e documentos que permitan un maior coñecemento das circunstancias asociadas ao TDAH no eido educativo.

Para tal fin, a Consellería facilitará que os profesionais da Federación poñan os seus coñecementos a disposición dos centros docentes. É dicir, que presten asesoramento na atención educativa dos alumnos con Trastorno por Déficit de Atención, que orienten sobre metodoloxías axeitas no caso destes alumnos, e sobre as adaptacións curriculares que se estimen necesarias.

Non obstante, tendo en conta a autonomía pedagóxica, organizativa e de xestión dos centros docentes, será a dirección do centro, o persoal especializado da Federación e as familias de alumnado con TDAH quen establezan os termos específicos de colaboración para cada centro concreto. Deste xeito, o profesorado titor (ou o que designe a dirección do centro) será o responsable de coordinar as posibles actuacións concretas das persoas especialistas da FEGADAH en cada un dos casos, así como de manter informada a cada unha das familias.

Por tanto, tal como se especifica no convenio, a actuación dos profesionais da Federación nos centros docentes estarán baseados no principio do colaboración entre todas as persoas que atenden a un mesmo alumno ou alumna. Trátase, deste modo, de facilitarlle unha atención educativa inclusiva e axustada á súa particular forma de ser e de aprender.






No hay comentarios:

Publicar un comentario