A Xunta aprobou o xoves a expropiación para a primeira mellora na PO-531 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 18 de abril de 2016

A Xunta aprobou o xoves a expropiación para a primeira mellora na PO-531

 Trátase da glorieta de Sequeiros, en Barro, que eliminará o punto negro nese tramo


O Consello da Xunta dará luz verde este xoves ao proxecto expropiatorio para poder actuar definitivamente no punto quilométrico 8,1 da PO-531, ao seu paso por Barro, na zona coñecida como o cruzamento do polígono industrial de Sequeiros (Curro). A Xunta impulsa, deste xeito, unha actuación que a conselleira de Infraestruturas e Territorio, Ethel Vázquez, considerou recentemente como prioritaria, dentro do paquete de investimentos na mellora da seguridade viaria da rede autonómica de estradas.
A actuación supón a primeira entrega do plan de mellora da estrada entre Pontevedra e Vilagarcía e, ao mesmo tempo, atalla un problema concreto de sinistralidade que levou a que este ano a zona sexa declarada punto negro pola concentración de accidentes que se rexistran no tramo entre a gasolineira de Curro e a entrada do polígono industrial de Sequeiros. De feito, o obxectivo principal desta obra será a redución da velocidade no tramo mediante a construción dunha glorieta no punto no que actualmente se accede ao polígono.
http://diariodepontevedra.galiciae.com/gl/nova/530703/xunta-aproba-este-xoves-expropiacion-para-primeira-mellora-na-po-531

No hay comentarios:

Publicar un comentario