Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 11 de abril de 2016

A XUNTA CONVIDA A 9 CONCELLOS DA COMARCA DE PONTEVEDRA A PARTICIPAR NA SEGUNDA FASE DO PLAN DE SENDAS DE GALICIA TRASLADANDO AS SÚAS ACTUACIÓNS PRIORITARIAS



A Consellería de Infraestruturas remitiu esta semana escritos aos municipios de Pontevedra, Campo Lameiro, A Lama, Barro, Cotobade, Vilaboa, Ponte Caldelas, Poio, Marín e Bueu


§         O Plan de Sendas de Galicia prevé a construción de 170 novos quilómetros de itinerarios seguros, sustentables e integrados na paisaxe
§         Mentres pon en marcha os itinerarios da primeira fase, o Goberno galego avanza xa na planificación da segunda de acordo coas necesidades dos municipios
§         Estas accións teñen beneficios para as as persoas, ao velar pola súa seguridade; as vilas, supoñendo menor conxestión de vehículos en tramos saturados; e para o medio, reducindo a contaminación

Xunta convida a 9 concellos da comarca de Pontevedra a participar na elaboración da segunda fase do Plan de Sendas de Galicia trasladando as súas actuacións prioritarias. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda remitiu esta semana escritos aos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Lama, Barro, Cotobade, Vilaboa, Ponte Caldelas, Poio, Marín e Bueu, solicitando que remitan información á Xunta sobre os itinerarios que consideran que se deben executar ao abeiro deste plan autonómico.

O Plan de Sendas de Galicia é a folla de ruta coa que a Administración autonómica quere avanzar na seguridade viaria e a protección dos usuarios máis vulnerable das estradas, fomentando ao mesmo tempo unha mobilidade sustentable, de acordo cos obxectivos da Unión Europea de promoción da economía baixa en carbono.

Nese marco, a Xunta prevé a construción de 170 novos quilómetros de sendas peonís e ciclistas seguras, sustentables e integradas na paisaxe nas estradas de titularidade autonómica, para facilitar que os veciños das vilas realicen os percorridos cotiáns a equipamentos e servizos sen usar o coche pero en condicións seguras.

Contarase para elo co cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Estas actuacións teñen beneficios para as persoas, ao velar pola súa seguridade e tratar de fomentar hábitos máis saudables; para as vilas, supoñendo menor conxestión de vehículos en tramos saturados e novos espazos de tránsito; e para o medio, buscando menos contaminación acústica e mellorando a calidade do aire, ao reducir a emisión de gases contaminantes.

O Goberno galego quere que a execución destas sendas responda ás necesidades reais dos cidadáns por iso solicita a través das cartas enviadas esta semana que os concellos trasladen as actuacións que consideran de maior interese ou necesidade.


A elaboración deste Plan partiu dunha análise global do territorio de toda a comunidade, priorizando aquelas comarcas nas que actuar primeiramente, atendendo a factores como:

  • A situación dos núcleos de poboación, os servizos e os equipamentos
  • O tráfico e a siniestralidade que rexistra cada treito da estrada
  • A orografía e as pendentes do terreo
  • O clima
  • A facilidade de implantación

No hay comentarios:

Publicar un comentario