Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 8 de abril de 2016

FEIJÓO DESTACA QUE NAS VINDEIRAS SEMANAS SE PRESENTARÁ A ESTRATEXIA DE APOIO Á BIOTECNOLOXÍA


§      Sinala que contará con tres eixos: o apoio á investigación, á transferencia de tecnoloxía e á creación de empresas; a capacitación e consolidación empresarial; e a dinamización sectorial a través de mecanismos de compra pública innovadora
§      “Temos unha estratexia para a innovación con carácter xeral, temos aprobado o Plan de desenvolvemento rural no ámbito do sector primario forestal, con 1.200 millóns de euros ata 2020 e agora temos que iniciar a estratexia do sector da biotecnoloxía” asevera

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta tarde que nas vindeiras semanas se presentará a Estratexia de apoio á biotecnoloxía, que contará con tres grandes eixos: o apoio á investigación, á transferencia de tecnoloxía e á creación de empresas; a capacitación e consolidación empresarial; e a dinamización sectorial a través de mecanismos de compra pública innovadora.

Así o expresaba o máximo responsable autonómico na súa visita á sede da empresa pontevedresa Hifas da Terra, S.L., onde se reuniu cos membros da xunta directiva para coñecer as súas liñas de traballo e ver as instalacións.

Segundo Feijóo, esta empresa dedicada á micoloxía é unha das compañías punteiras nun sector, o biotecnolóxico, que xa é estratéxico para o país e polo que a Xunta vai seguir apostando de cara ao futuro.

Con respecto a isto, e consciente das capacidades para converter Galicia nunha referencia internacional neste eido, Feijóo incidiu en que o Goberno galego está a traballar cos axentes implicados para pór en marcha unha folla de ruta que converterá esta actividade emerxente nun polo de atracción de investimentos e talento. “ Temos unha estratexia para a innovación con carácter xeral, temos aprobado o Plan de desenvolvemento rural no ámbito do sector primario forestal, con 1.200 millóns de euros ata 2020 e agora temos que iniciar a estratexia do sector da biotecnoloxía”, aseverou

Combinación de materia prima galega e innovación
Logo de facer fincapé na importancia que teñen a formación e a innovación para levar a cabo proxectos como Hifas da Terra, S.L.; Feijóo destacou que esta empresa soubo combinar o produto galego coa innovación precisa para aproveitar as potencialidades da materia prima. Grazas a isto, hoxe conta con varias liñas de negocio consolidadas, que van desde a alimentación ata os cultivos, pasando pola biomedicina.

Feijóo lembrou, que son varios os premios que recibiu este proceso de crecemento sustentable, baseado na I+D+i e a diversificación, e amosouse convencido de que serán moitos os que vai acadar nun futuro próximo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario