O CONSELLO DA XUNTA AUTORIZA AS EXPROPIACIÓNS PARA INCREMENTAR A SEGURIDADE VIARIA DA ESTRADA PO-531, EN BARRO, NO ACCESO AO POLÍGONO DE SEQUEIROS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 17 de abril de 2016

O CONSELLO DA XUNTA AUTORIZA AS EXPROPIACIÓNS PARA INCREMENTAR A SEGURIDADE VIARIA DA ESTRADA PO-531, EN BARRO, NO ACCESO AO POLÍGONO DE SEQUEIROS




§         O obxectivo principal do proxecto á acadar a redución da velocidade de circulación na contorna do punto quilométrico 8 da estrada, e deste xeito reducir a accidentalidade
§         A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, financia estas actuacións mediante a achega económica dun orzamento de máis de 502.000 euros
§         As actuacións previstas centraranse na execución dunha glorieta no principal acceso ao polígono industrial de Sequeiros, na construción de paradas de autobús cun apartadoiro e melloras na sinalización
§         Estas obras complementaranse coa rehabilitación do firme dos accesos ao polígono e ao núcleo de Sequeiros, nun treito antigo da estrada

O Consello da Xunta aprobou hoxe as expropiacións para a mellora da seguridade viaria da estrada Pontevedra- Vilagarcía (PO-531), en Barro, na zona de acceso ao polígono de Sequeiros. O Decreto de Utilidade Pública comprende as expropiacións das fincas necesarias para a mellora da estrada autonómica PO-531, entre os puntos quilométricos 7+700 e 8+350, no Concello de Barro.

O obxectivo principal do proxecto á acadar a redución da velocidade de circulación na contorna do punto quilométrico 8 da estrada, e deste xeito reducir a accidentalidade que rexistra o vial  neste tramo.

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, financia estas actuacións mediante a achega económica dun orzamento de máis de 502.000 euros.

As actuacións previstas centraranse na execución dunha glorieta no principal acceso ao polígono industrial de Sequeiros (p.k.8+250). A construción da rotonda, ademais de mellorar a seguridade viaria no cruce ao evitar os numerosos cruzamentos que se producen desde o carril central actual, conseguirá minimizar o tráfico na contorna do p.k. 8. O exceso de velocidade identificouse como unha das principais causas da accidentalidade que se rexistra no tramo; por tanto, a execución da glorieta, que obrigará á redución da velocidade por parte dos condutores, colaborará a mellorar a seguridade viaria da PO-531 ao seu paso polo Concello de Barro.

O proxecto tamén contempla a execución de paradas de autobús cun apartadoiro, de xeito que os autobuses non paren no carril de circulación, así como melloras nas barreiras de contención e na sinalización. A actuación compleméntase coa rehabilitación do firme dos accesos ao polígono e ao núcleo de Sequeiros, nun treito antigo da estrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario