Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 7 de marzo de 2017

A XUNTA ACHEGA ÁS MICROEMPRESAS DE PONTEVEDRA O CATÁLOGO DE SERVIZOS E AXUDAS PARA FACILITARLLES A SÚA INTERNACIONALIZACIÓN




§      O Igape facilitará esta información na xornada específica que se desenvolveu onte luns, día 6, no Liceo Casino de Pontevedra, organizada pola Asociación Española Multisectorial de Microempresa
§      Mediante a iniciativa Galicia Exporta apoiarase a 500 autónomos e Pemes para iniciar ou consolidar os seus procesos de expansión en novos mercados
§      O Programa Foexga, coordinado polo Igape a través das Cámaras de Comercio, contempla a organización de corenta misións internacionais durante o presente semestre
§      A Consellería de Economía, Emprego e Industria achega servizos, tanto en orixe como en destino, adecuados á fase concreta de internacionalización de cada empresa

A Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará aos autónomos, microempresas e pemes de Pontevedra o amplo abano de servizos e apoios que ofrece, a través do Igape, para facilitar a internacionalización do tecido produtivo. O Igape informaou polo miúdo destas iniciativas na xornada específica que se desenvolveu onte luns, día 6 de marzo, no Liceo Casino de Pontevedra, organizada pola Asociación Española Multisectorial de Microempresa (AEMME).

Mediante actuacións como Galicia Exporta, que acaba de activarse, a Xunta de Galicia prevé facilitar a 500 autónomos, microempresas e Pemes a iniciación ou consolidación dos seus procesos de expansión en novos mercados. Para facer fronte a ese reto, o Igape apoiará tamén a contratación de xestores expertos en internacionalización. Ademais, o programa Foexga, coordinado polo Igape e desenvolvido a través das Cámaras de Comercio, contempla a organización de corenta misións internacionais durante o presente semestre.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria achega servizos e axudas, tanto en orixe como en destino, adecuados á fase concreta de internacionalización de cada empresa, á marxe da súa dimensión ou do mercado que teña como obxectivo.

Desde o 2009 a Xunta aposta de forma clara polos mercados exteriores como un dos motores da recuperación económica que xa está a experimentar Galicia. Así, como froito deste esforzo continuado, coordinado no marco da Estratexia de Internacionalización da empresa galega 2020 e do compromiso e ambición das empresas, as exportacións galegas veñen de marcar un novo récord histórico ao superar, por primeira vez, os 20.000 millóns de euros. Ademais, durante o pasado ano sumáronse á exportación case 400 novas empresas, ata superar as 6.700 compañías.

No hay comentarios:

Publicar un comentario