Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 1 de abril a feira
vitivinícola Viñerón. organizada polo Instituto Galego do Viño, é unha
feira creada para satisfacer as demandas dos apaixonados do viño,
mediante o encontro directo entre 15 dos mellores novos talentos do
sector. A terceira edición deste encontro vitivinícola celebrarase no
Edificio Cinc da Cidade da Cultura.
Viñerón 2017 preséntase como unha reunión desenfadada entre viticultores
e entusiastas do viño, profesionais do sector hostaleiro,
agroalimentario e turístico, así como bloggers e medios de comunicación
especializados.
As persoas asistentes poderán gozar dunha experiencia multisensorial que
combina: feira de viños, na que se poderá catar e comprar viño
directamente aos Viñerones; música en directo, a cargo de catro grandes
artistas como Pepe Solla, Juanjo Figueroa, Nico Pastoriza e Eladio dos
Santos; e street food, ofrecida por unha selección de food trucks cunha
proposta gastronómica tan coidada como novidosa. As entradas pódense
adquirir na páxina web do evento (viñeron.com) a un prezo de compra de
15€ a entrada individual e 25€ a entrada dobre.
Os 15 Viñerones seleccionados para participar nesta edición son: Natalia
Canal e Pablo Bermúdez, de Cabana das Bolboretas (Rías Baixas); Rosa Mª
Pedrosa Blanco, de Narupa Wines (Rías Baixas); Iria Otero, de Sacabeira
(Rías Baixas); Laura Lorenzo, de Daterra Viticultores (Ribeira Sacra);
Fernando Manuel, de Finca Millara (Ribeira Sacra); Diego Dieguez
Collarte, de Cume do Avia (Ribeiro); Xabier Sanz Larrea, de Viña Zorzal
(Navarra); Sandra Bravo, de Sierra de Toloño (Rioja); Goyo García
Viadero, de Goyo Viadero (Ribera del Duero); Iago Garrido, de Fazenda
Agrícola Augalevada (Ribeiro); Verónica Ortega, de Bodega Verónica
Ortega (Bierzo); Javier Monsalve, de Eloi Lorenzo (Ribeiro); Joaquín
Sánchez, de Alan de Val (Valdeorras); Jose Crusat González, de Adega
Entre os Ríos (Rías Baixas); e José María Rodriguez e Asunción Caeiro,
de Adega Pombal (Rías Baixas).
No hay comentarios:
Publicar un comentario