Os máis de cen postos do novo mercado de Barro fan pensar nunha ampliación do espazo - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

miércoles, 15 de marzo de 2017

Os máis de cen postos do novo mercado de Barro fan pensar nunha ampliación do espazo



Despois de abrir o prazo de inscrición para o mercado ambulante, o Concello de Barro recibiu as inscricións de 98 feirantes, dos cales 41 estaban xa vendendo no mercado, segundo consta nas fichas entregadas.
Eses 41 ambulantes para que poidan ter o seu posto na mesma localización ou mesmo solicitar unha mellora, pero só terán ese dereito adquirido os que se inscribiron antes do día 6 de marzo.
O proceso atópase na fase previa, comunicándolles aos ambulantes que deben facer efectiva a contía do primeiro trimestre e así proceder a adxudicarlle o seu espazo. O trámite farase a través dun sorteo para aqueles 57 que son de nova inscrición.
A localización dos postos estará sinalizada cunha marca no chan ou bordo e haberá un espazo dun metro entre cada posto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario