§ Estes
exercicios distribuiranse en dúas convocatorias que terán lugar entre o 1 de
abril e o 11 de xuño e o 30 de setembro e o 26 de novembro deste mesmo ano
§ A
presentación de solicitudes deberanse facer no prazo de 10 días hábiles a
partir de mañá, día 15 de marzo e na segunda convocatoria, do 31 de xullo ao 18
de agosto, amos días incluídos
§ O
lugar, data e hora dos exames serán acordados polo tribunal e publicados no DOG
cunha antelación mínima de quince días naturais á data escollida
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia
(DOG) a convocatoria para as probas para acadar a autorización para exercer de
transportista por estrada, tanto para mercadorías como de viaxeiros. Estes
exercicios distribuiranse en dúas convocatorias que terán lugar entre o 1 de
abril e o 11 de xuño e o 30 de setembro e o 26 de novembro deste mesmo ano. Para
obter máis información desta convocatoria pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/ad1hPh.
Tal como establece a orde da Consellería de
Infraestruturas e Vivenda, as persoas que cumpran os requisitos para
presentarse poderán facelo en calquera das convocatorias o nas dúas, tanto na
modalidade de xestor de transporte para empresas con mercadorías como a de viaxeiros.
A presentación de solicitudes deberanse facer no prazo de 10 días hábiles a
partir de mañá, día 15 de marzo e na segunda convocatoria, do 31 de xullo ao 18
de agosto, amos días incluídos.
O lugar, data e hora dos exames serán
acordados polo tribunal pertencente á Dirección Xeral de Mobilidade e
publicados no DOG cunha antelación mínima de quince días naturais á data
escollida. A proba constará, dunha parte práctica e outra teórica e terá unha
duración total de 4 horas, dúas para cada unha delas.
A sede electrónica da
Xunta ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados
para facilitarlles a realización de trámites administrativos despois da
presentación das solicitudes de inicio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario