A
conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou hoxe cos
representantes de Abanca, Caixabank, Caixa Rural e Banco Sabadell os acordos
para a posta en marcha desta iniciativa pioneira
§
O Goberno galego publicará neste mesmo mes a
orde dos préstamos a interese
bonificado, que a Xunta cubrirá este ano con medio millón de euros co obxectivo
de inducir un investimento de 9 millóns
§
Os
créditos serán sen xuros para as familias con ingresos de ata 4 veces o IPREM,
por exemplo un fogar con 3 membros no que entren menos de 37.400 euros ao ano,
e a intereses baixos para as de
ingresos superiores
§
Os
préstamos poderán ser de ata 30.000 euros se teñen carácter persoal e de ata
60.000 se son hipotecarios
§
A
conselleira destaca a aposta do Goberno galego pola rehabilitación de vivenda
como solución eficiente ás necesidades de vivenda e salienta a posta en marcha
do Programa Rexurbe para a recuperación directa de inmobles con fins sociais
A Xunta
de Galicia porá este ano por primeira vez á disposición das familias préstamos
con intereses bonificados ata nun 100% co obxectivo de fomentar as actuacións
de renovación, reforma e rehabilitación de vivendas. A conselleira de
Infraestruturas e Vivenda, Ethel
Vázquez, acompañada do director do Instituto Galego da Vivenda e Solo,
Heriberto García, asinou hoxe os convenios de colaboración cos representantes de
Abanca, Caixabank, Caixa Rural Galega e Banco Sabadell para a posta en marcha
desta iniciativa pioneira.
Segundo
avanzou a conselleira, a Xunta publicará neste mesmo mes no Diairo Oficial de
Galicia a orde pola que se activa esta medida para a concesión de préstamos con
xuros bonificados, que a Administración autonómica subvencionará con medio
millón de euros neste exercicio.
Con esta
medida, o Goberno galego prevé xerar un investimento inducido de 9 millóns de
euros en obras de rehabilitación de vivenda en Galicia.
Ethel Vázquez explicou que Os créditos serán sen xuros
para as familias con ingresos de ata 4 veces o IPREM, por exemplo un fogar con
3 membros no que entren menos de 37.400 euros ao ano, e a intereses baixos para as de ingresos
superiores. No caso de
persoas con ingresos maiores de 5,5 veces o IPREM e que non superen as 6,5
veces, aínda que non terán bonificacións nos intereses, si disporán de
facilidades na concesión do préstamo beneficiándose, por exemplo, da exención
da comisión de apertura, entre outros.
O importe
máximo do préstamo fíxase en 30.000 € para
aqueles de carácter persoal e en 60.000 € no caso de préstamos hipotecarios.
A
conselleira de Infraestruturas e Vivenda destacou que “a Xunta e entidades
financeiras vimos de dar un novo paso para impulsar a rehabilitación, que supón
de beneficio directo para os cidadáns, que verán melloradas as súas condicións
de vida e, tamén, para a dinamización da actividade económica e o emprego na
nosa Comunidade, porque non hai que esquecer que a rehabilitación é a ocupación
que máis postos de traballo xera por euro investido”.
Todas
aquelas persoas interesadas en acollerse a esta medida da Xunta, cando
soliciten o préstamo na entidade financeira deberán entregar a resolución
emitida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e a documentación que pida a
entidade para garantir o préstamo.
No
orzamento para cubrir o préstamo, ademais do custo das obras concretas que se
van acometer, poderán incluírse os honorarios dos profesionais que interveñan
no proxecto e na súa execución, así como os informes técnicos necesarios, polo
que unha vez concedido o crédito, a Xunta de Galicia reintegrará á entidade
financeira as contías dos intereses, que a entidade xa non cobra aos titulares
do préstamo.
Ethel
Vázquez enmarcou esta iniciativa na aposta da Xunta pola renovación de vivendas
e edificios, que está a impulsar novos
programas e medidas que contribúan a dar un maior pulo, se cabe, a esta
actividade.
A
conselleira destacou que “a rehabilitación é unha solución eficiente,
sustentable e de futuro para contar con vivendas para as familias galegas;
incide na mellora das condicións e da calidade de vida dos nosos veciños e contribúe
á dinamización e recuperación de barrios emblemáticos das nosas vilas e cidades,
como amosa o Programa Rexurbe”.
Finalmente,
subliñou que, dende o Goberno galego “animamos aos galegos a que se acollan a
estas axudas e aposten pola rehabilitación, xa que é un modo sinxelo, e tamén
menos custoso e máis respectuoso co noso medio, para acceder a unha vivenda”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario