§
O Igape facilitará
esta información na xornada específica que se desenvolveu onte luns, día 6, no Liceo Casino de Pontevedra,
organizada pola Asociación Española Multisectorial de Microempresa
§
Mediante a
iniciativa Galicia Exporta apoiarase a 500 autónomos e Pemes para iniciar ou
consolidar os seus procesos de expansión en novos mercados
§
O Programa Foexga,
coordinado polo Igape a través das Cámaras de Comercio, contempla a
organización de corenta misións internacionais durante o presente semestre
§
A Consellería de
Economía, Emprego e Industria achega servizos, tanto en orixe como en destino,
adecuados á fase concreta de internacionalización de cada empresa
A
Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará aos autónomos,
microempresas e pemes de Pontevedra o amplo abano de servizos e apoios que
ofrece, a través do Igape, para facilitar a internacionalización do tecido
produtivo. O Igape
informaou polo miúdo destas iniciativas na xornada específica que se
desenvolveu onte luns, día 6 de marzo, no Liceo
Casino de Pontevedra, organizada pola Asociación Española Multisectorial de
Microempresa (AEMME).
Mediante actuacións como Galicia Exporta, que
acaba de activarse, a Xunta de Galicia prevé facilitar a 500 autónomos,
microempresas e Pemes a iniciación ou consolidación dos seus procesos de
expansión en novos mercados. Para facer fronte a ese reto, o Igape apoiará
tamén a contratación de xestores expertos en internacionalización. Ademais, o programa Foexga, coordinado polo Igape e desenvolvido a través
das Cámaras de Comercio, contempla a organización de corenta misións internacionais
durante o presente semestre.
A Consellería de Economía, Emprego e
Industria achega servizos e axudas, tanto en orixe como en destino, adecuados á
fase concreta de internacionalización de cada empresa, á marxe da súa dimensión
ou do mercado que teña como obxectivo.
Desde o
2009 a Xunta aposta de forma clara polos mercados exteriores como un dos
motores da recuperación económica que xa está a experimentar Galicia. Así, como
froito deste esforzo continuado, coordinado no marco da Estratexia de
Internacionalización da empresa galega 2020 e do compromiso e ambición das
empresas, as exportacións galegas veñen de marcar un novo récord histórico ao
superar, por primeira vez, os 20.000 millóns de euros. Ademais, durante o
pasado ano sumáronse á exportación case 400 novas empresas, ata superar as
6.700 compañías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario