§
Trátase da primeira
fase das actuacións comprometidas polo Goberno galego para o acondicionamento
desta estrada
§
Cómpre lembrar que a
conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivera unha reunión
co alcalde e unha representación de veciños de Barro onde lles deu conta do proxecto para mellorar a seguridade desta
vía
§
O obxectivo
principal do proxecto á acadar a redución da velocidade de circulación na
contorna do punto quilométrico 8 da estrada, e deste xeito reducir a
accidentalidade que rexistra o vial
neste tramo
§
O proxecto
tamén contempla a execución de paradas de autobús cun apartadoiro, de xeito que
os autobuses non paren no carril de circulación, así como melloras nas
barreiras de contención e na sinalización
A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e
Vivenda, iniciou este luns, día 6, as obras de mellora da seguridade viaria da estrada Pontevedra- Vilagarcía (PO-531), na zona
de acceso ao polígono de Sequeiros
no punto quilométrico 8+250, ao seu paso polo concello pontevedrés de Barro.
Trátase da primeira fase das actuacións comprometidas polo Goberno galego
para o acondicionamento desta infraestrutura viaria. Neste sentido, cómpre
lembrar que a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez,
mantivera unha reunión co alcalde e unha representación de veciños de Barro,
onde lles deu conta do proxecto para mellorar a seguridade viaria desta
estrada.
Nos primeiros días, levaranse a cabo traballos como a colocación de casetas
e, señalización, entre outros. Esta actuación ten un prazo de execución de 6
meses e se adxudicou á empresa Construccions
Obras e Viais, S.A. por máis de 380.000 euros.
O obxectivo principal do proxecto á acadar
a redución da velocidade de circulación na contorna do punto quilométrico 8 da
estrada, e deste xeito reducir a accidentalidade que rexistra o vial neste tramo.
As actuacións previstas centraranse na
execución dunha glorieta no principal acceso ao polígono industrial de
Sequeiros (Pq.8+250). A construción da rotonda, ademais de mellorar a
seguridade viaria no cruce ao evitar os numerosos cruzamentos que se producen
desde o carril central actual, conseguirá minimizar o tráfico na contorna do Pq.
8.
O exceso de velocidade identificouse como
unha das principais causas da accidentalidade que se rexistra no tramo; por
tanto, a execución da glorieta, que obrigará á redución da velocidade por parte
dos condutores, colaborará a mellorar a seguridade viaria da PO-531 ao seu paso
polo Concello de Barro.
O proxecto tamén contempla a execución de
paradas de autobús cun apartadoiro, de xeito que os autobuses non paren no
carril de circulación, así como melloras nas barreiras de contención e na
sinalización. A actuación compleméntase coa rehabilitación do firme dos accesos
ao polígono e ao núcleo de Sequeiros, nun treito antigo da estrada. Ademais, rehabilitarase o firme no acceso ao
polígono e ao núcleo de Sequeiros, habilitaranse paradas de autobús,
melloraranse as barreiras de contención e a sinalización.
Esta actuación forma parte dun proxecto máis
amplo de mellora da seguridade viaria na PO-531 que se seguirá executando de
forma progresiva e conforme as prioridades que trasladen os veciños e o
Concello. A Consellería de Infraestruturas e os veciños acordaron que a seguinte fase de mellora desta estrada consistirá na
construción dunha rotonda na Devesa, no punto quilométrico 7+150, no termo
municipal de Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario