A XUNTA MELLORA AS CONDICIÓNS DE ACCESO AO SOLO EMPRESARIAL A TRAVÉS DA ADXUDICACIÓN EN DEREITO DE SUPERFICIE - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 3 de marzo de 2017

A XUNTA MELLORA AS CONDICIÓNS DE ACCESO AO SOLO EMPRESARIAL A TRAVÉS DA ADXUDICACIÓN EN DEREITO DE SUPERFICIE



§  Os empresarios que accedan ao solo nese réxime de alugueiro poderán adquirir a superficie a prezo bonificado nos seis primeiros anos, descontando o 40% das contías xa pagadas
§  Tamén se aprobou a posibilidade de conceder dereito preferente para a adxudicación a empresas xa instaladas nos parques empresariais
§  Os clústers e asociacións ou agrupacións de empresarios poderán acceder á adxudicación de solo en dereito de superficie

As empresas que accedan á adxudicación de solo empresarial en forma de dereito de superficie poderán beneficiarse da bonificación do prezo da mesma se exercen o dereito de adquisición de dito solo nos primeiros seis anos dende a adxudicación, tal como aprobou hoxe o consello de administración da empresa pública Xestur, que modificou as condicións de adxudicación en dereito de superficie.

Ata o de agora as empresas adxudicatarias de solo nesta modalidade podían exercer o dereito de adquisición do solo nos primeiros dez anos, descontándose do prezo o 40% das contías pagadas en concepto de canon.

Coa modificación das condicións de adxudicación, as empresas seguirán contando cun prato de 10 anos para executar a opción de compra, pero cun tratamento diferente si o fan dentro dos primeiros seis anos. As condicións, que son extensibles ás empresas ás que xa se adxudicou solo nesta modalidade e que se ampliará ao solo propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, quedan da seguinte maneira:

- Adquisición do solo nos seis primeiros anos. Se o adxudicatario exerce o dereito de adquisición do solo nos seis primeiros anos dende a adxudicación, aplicaranse unha bonificación no prezo da parcela equivalente ao 50 por cento da bonificación vixente no momento de adxudicación da parcela. Ademais, descontarase do prezo o 40 por cento das cantidades pagadas en concepto de canon.

- Adquisición entre o 7º e 10º ano. Se o dereito de adquisición se exerce entre o sétimo e décimo ano dende a adxudicación, unicamente se descontará do prezo o 40 por cento das cantidades pagadas en concepto de canon.

- Se o dereito de adquisición de exerce a partir do décimo ano non se aplica ningún desconto sobre o prezo do solo.

Por outra parte, o consello de Xestur aprobou a posibilidade de outorgar dereito preferente para a adxudicación de parcelas en dereito de superficie ás empresas xa instaladas nun parque empresarial. A preferencia poderase conceder sobre parcelas propiedade de Xestur lindeiras coas que xa ocupan as empresas instaladas no parque.

Asemade, aprobouse a posibilidade de adxudicar solo en dereito de superficie a clústers e agrupacións de empresarios.

A adxudicación de solo en dereito de superficie permite ás empresas acceder a solo adaptado para as súas necesidades pagando un reducido canon anual, o que facilita que concentren o seu esforzo financeiro inicial na construción e equipamento das instalacións, sen que iso signifique renunciar á propiedade da parcela, xa que poden adquirila cos descontos xa indicados.

O dereito de superficie é unha modalidade nova de adxudicación que ofrece a Xunta a través do IGVS e Xestur, complementaria do acceso ao solo empresarial a través da adquisición do mesmo.

No pasado mes de xaneiro o consello de Xestur adxudicou 16.250 metros cadrados de solo en dereito de superficie nos parques empresariais de Mos, Ponte Caldelas e Negreira, que se suman a adxudicacións anteriores nos parques empresariais de Mos e Ortigueira.


No hay comentarios:

Publicar un comentario