Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 6 de marzo de 2017

A XUNTA INICIOU ESTE LUNS AS OBRAS DE MELLORA DE SEGURIDADE VIARIA NO ACCESO AO POLÍGONO DE SEQUEIROS, NO CONCELLO DE BARRO, CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 380.000 EUROS




§         Trátase da primeira fase das actuacións comprometidas polo Goberno galego para o acondicionamento desta estrada
§         Cómpre lembrar que a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivera unha reunión co alcalde e unha representación de veciños de Barro  onde lles deu conta do proxecto para mellorar a seguridade desta vía
§         O obxectivo principal do proxecto á acadar a redución da velocidade de circulación na contorna do punto quilométrico 8 da estrada, e deste xeito reducir a accidentalidade que rexistra o vial  neste tramo
§         O proxecto tamén contempla a execución de paradas de autobús cun apartadoiro, de xeito que os autobuses non paren no carril de circulación, así como melloras nas barreiras de contención e na sinalización

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, iniciou este luns, día 6, as obras de mellora da seguridade viaria da estrada Pontevedra- Vilagarcía (PO-531), na zona de acceso ao polígono de Sequeiros no punto quilométrico 8+250, ao seu paso polo concello pontevedrés de Barro.

Trátase da primeira fase das actuacións comprometidas polo Goberno galego para o acondicionamento desta infraestrutura viaria. Neste sentido, cómpre lembrar que a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivera unha reunión co alcalde e unha representación de veciños de Barro, onde lles deu conta do proxecto para mellorar a seguridade viaria desta estrada.

Nos primeiros días, levaranse a cabo traballos como a colocación de casetas e, señalización, entre outros. Esta actuación ten un prazo de execución de 6 meses e se adxudicou á empresa Construccions Obras e Viais, S.A. por máis de 380.000 euros.

O obxectivo principal do proxecto á acadar a redución da velocidade de circulación na contorna do punto quilométrico 8 da estrada, e deste xeito reducir a accidentalidade que rexistra o vial  neste tramo.

As actuacións previstas centraranse na execución dunha glorieta no principal acceso ao polígono industrial de Sequeiros (Pq.8+250). A construción da rotonda, ademais de mellorar a seguridade viaria no cruce ao evitar os numerosos cruzamentos que se producen desde o carril central actual, conseguirá minimizar o tráfico na contorna do Pq. 8.

O exceso de velocidade identificouse como unha das principais causas da accidentalidade que se rexistra no tramo; por tanto, a execución da glorieta, que obrigará á redución da velocidade por parte dos condutores, colaborará a mellorar a seguridade viaria da PO-531 ao seu paso polo Concello de Barro.

O proxecto tamén contempla a execución de paradas de autobús cun apartadoiro, de xeito que os autobuses non paren no carril de circulación, así como melloras nas barreiras de contención e na sinalización. A actuación compleméntase coa rehabilitación do firme dos accesos ao polígono e ao núcleo de Sequeiros, nun treito antigo da estrada. Ademais, rehabilitarase o firme no acceso ao polígono e ao núcleo de Sequeiros, habilitaranse paradas de autobús, melloraranse as barreiras de contención e a sinalización.

Esta actuación forma parte dun proxecto máis amplo de mellora da seguridade viaria na PO-531 que se seguirá executando de forma progresiva e conforme as prioridades que trasladen os veciños e o Concello. A Consellería de Infraestruturas e os veciños acordaron que a seguinte fase de mellora desta estrada consistirá na construción dunha rotonda na Devesa, no punto quilométrico 7+150, no termo municipal de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario