1.- A Volta a España chegará a Pontevedra o domingo 26 de agosto, despois de disputarse a etapa 9ª entre Andorra e Barcelona.
· O luns 27 será xornada de descanso, con espectaculares entrenamentos en Ponteareas.
· O martes 28 será a etapa Ponteareas-Sanxenxo (10ª). Chegará a Vilaboa e continuará hacia O Morrazo pola estrada nacional.
· O mércores 29, a contrarreloxio Cambados-Pontevedra (11ª). Pasará por Cambados, Pontearnelas, Ribadumia, Vilanova, Meis, Monte Castrove(Barro), campo de golf, Armenteira, Poio e Pontevedra (remate no Pazo da Cultura). Este trazado obrigará a cortar o tráfico perante 7 horas. A Deputación limpará marxes e pavimentará o percorrido.
· O xoves 30, Vilagarcía-Ézaro (Dumbría), (12ª). Irá a Caldas, seguirá por unha nova vía de comunicación hacia Moraña, logo Cuntis, A Estrada, Pontevea e Padrón.
2.- Cambados e Vilagarcía serán saidas inéditas na Volta a España. E Sanxenxo un final tamén inédito.
· Ponteareas será a segunda vez que terá, de xeito consecutivo, unha saida de etapa.
3.- A Volta percorrerá perto de 500 kilómetros en 30 concellos da provincia:
· Na primeira etapa, 198 kilómetros e 19 concellos
· Na segunda, 39 kilómetros e 6 concellos
· Na terceira, 197 kilómetros e 5 concellos
4.- A Volta a España non será un gasto, senón unha inversión con importantes retornos:
· Na economía da provincia: cada euro investido son 10 de retorno
· No sector hosteleiro e restaurador: Reservas efectuadas para 2.00o prazas hoteleiras perante catro noites da Organización e seguidores. Prolongación da estanza do turismo na provincia e reclamo para novos turistas.
· Repercusión na Hostelería dos aficionados: prazas, comidas, etc.
· Na promoción das Rías Baixas: retransmisión de 2 horas en directo por Teledeporte e Eurosport. Retransmisión on-line en RTVE. Finais de etapa retransmitidos a 160 países.
· Na promoción dos nosos produtos: conservas, viño, etc. presentes no Catering da Volta a España por todo o país.
5.- Novedades dende a presentación en Pamplona:
· Inclusión no trazado de Baiona, O Grove, Moraña e A Estrada.
· Ruta dos Mosteiros con pequeñas variantes
· Visita de todas as rías
No hay comentarios:
Publicar un comentario