Empeza a semana que ven a campaña de doazón de sangue nas universidades galegas. Doa sangue, doa vida! - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 24 de febrero de 2012

Empeza a semana que ven a campaña de doazón de sangue nas universidades galegas. Doa sangue, doa vida!

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN FAI UN CHAMAMENTO PARA AUMENTAR A PARTICIPACIÓN DOS ESTUDANTES GALEGOS NA SEGUNDA FASE DA CAMPAÑA DE DOAZÓN NA UNIVERSIDADE
  
·        No transcurso da primeira fase da campaña de doazón do CTG  no presente curso acadáronse 3.451 doazóns de sangue efectuadas polos universitarios e universitarias galegos

Santiago de Compostela, venres 24 de febreiro de 2012.- O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) principia a vindeira semana a campaña de doazón de sangue nos sete campus das tres universidades galegas, tentando deter o descenso (do 8,2%) no número de doazóns experimentado no transcurso da primeira fase desta iniciativa, destinada a acadar a solidariedade dos xoves galegos.

No transcurso da primeira fase da antedita campaña, desenvolvida entre os meses de outubro a decembro do 2011, acadáronse 3.451 doazóns de sangue, cifra que supón unha diminución do número de doazóns de sangue con respecto ao mesmo período do curso anterior, como recolle a seguinte táboa:


CAMPUS
1ª FASE
CURSO
2010-2011
1ª FASE
CURSO
2011-2012
INCREMENTO
A CORUÑA
738
824
+11,6%
FERROL
106
122
+15%
SANTIAGO
1.462
1.183
-19%
LUGO
334
295
-11,6%
VIGO
722
625
-13,4%
OURENSE
166
195
+17,4%
PONTEVEDRA
232
207
-10,7%
TOTAL
UNIVERSIDADE
3.760
3.451
-8,2%


O obxectivo pasa por tentar aumentar a participación nas campañas de doazón de sangue de todo o colectivo universitario: alumnos, profesores e persoal de administración e servizos no transcurso desta segunda fase. Para isto, a Consellería de Sanidade e o CTG desenvolverán unha ampla campaña informativa en cada centro e tentarán ofrecer as máximas facilidades para participar neste acto solidario.


O CTG quere facer un chamamento aos universitarios e universitarias galegos, xa que hai unha tendencia á baixa na participación deste colectivo no transcurso da primeira fase da campaña de doazón deste curso académico, polo que se fai preciso contar coa activa colaboración de todos os membros da comunidade universitaria.

O campus galego que rexistrou o maior número de doazóns de sangue na primeira fase do presente curso académico foi o de Santiago de Compostela, con 1.183 doazóns, aínda que resulta especialmente salientables tamén as 824 doazóns acadadas no campus de A Coruña e as 625 rexistradas no campus de Vigo.

Desenvolvemento
Na segunda fase da campaña de doazón en centros universitarios, o CTG achegarase aos sete campus galegos entre os meses de marzo a maio. A atención ao doador levarase a cabo dentro dos centros, por medio de padiolas portátiles, ou nas unidades móbiles de doazón de sangue, desprazando en cada caso persoal sanitario suficiente para tentar evitar os períodos de espera.

Enviárase a cada persoa que fixo unha doazón na primeira fase da campaña do presente curso académico, unha carta informándolle do día no que acudimos ao seu centro. Ademais, en todas as facultades e escolas universitarias, impartiranse charlas informativas, levarase a cabo unha distribución de material informativo (folletos, follas de información sobre as condicións necesarias para doar, carteis,...), e colocaranse  paneis  informativos portátiles.

Unha necesidade constante
A Consellería de Sanidade e o CTG lembran que a participación dos xoves galegos nas campañas de doazón de sangue foi decisiva no incremento de doazóns experimentado nos últimos anos e que ten levado a Galicia a acadar os índices de doazóns recomendados pola Organización Mundial da Saúde.

Non obstante, para que os hospitais galegos podan levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial, é preciso obter cada día preto de 500 doazóns de sangue, polo que o CTG apelará directamente á solidariedade dos alumnos, profesores e persoal de administración e servizos das tres universidades galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario