VITICULTURA: Xornada “Rias Baixas, camiñando cara unha viticultura sostible” - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 9 de febrero de 2012

VITICULTURA: Xornada “Rias Baixas, camiñando cara unha viticultura sostible”

A vertixinosa evolución do mercado global do viño que se experimentou nos últimos anos, ten posto de manifesto a importancia que ten para unha adega poñer en valor a diferenciación na calidade dos viños que oferta a un segmento determinado do mercado. Esta diferenciación pasa por obter unha uva con características organolépticas singulares.

O Consello Regulador Rias Baixas e a Denominación de Orixen está formada por todos e cada un dos asociados, en igualdade de peso. Por iso, promóvese a realización da Xornada “Rias Baixas, camiñando cara unha viticultura sostible” itinerante por toda a Denominación de Orixe.

Eira-enxeñería, como empresa adicada á consultoría, proporá criterios técnicos que axuden a aumentar o coñecemento e información necesarios para levar a cabo unha xestión eficente do viñedo coa perspectiva de apostar pola calidade diferenciada dos viños.

Nos archivos adxuntos, pode ver o calendario da xornada, así como o lugar e horario.

A xornada será gratuita, únicamente limitado polo aforo do local. Pódese obter máis información nas señas abaixo indicadas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario