A ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO RECOMENDA QUE AS PERSOAS NON SE ACHEGUEN ÁS ORUGAS DO PINO XA QUE CAUSAN IRRITACIÓNS, PICORES E RINITIS
A Estación Fitopatolóxica do Areeiro dependente da Deputación publica na súa web un novo aviso fitosanitario, neste caso referente ó Pino. Os expertos aconsellan “non tocar as orugas do pino ( tanto no monte como nos xardíns) xa que posúen pelos urticantes que poden causar irritacións da pel e dos ollos, ademais de picores e incluso rinite e outros problemas respiratorios”.
Precisamente, os técnicos de Areeiro explican que perante este mes de febreiro comézanse a observar as “procesións de enterramento” que realizan as orugas da procesionaria do pino (Thaumetopoea pityocampa) para crisalidar no solo. Isto supón un claro adianto fronte ó ocorrido en 2011, explican, que se rexistraron no mes de abril, posiblemente debido a que este inverno non ten sido especialmente frío.
Trátase dunha oruga de cores chamativas que recibe o seu nome das procesións que organiza cando descende das árbores e se dirixe ós lugares de enterramento. Esta especie habita grandes e chamativos niños que poden verse con frecuencia en diferentes árbores, pero sobre todo nos pinos. Eses niños teñen forma de bola, como se estivera feita con montóns de teas de araña superpostas, pero en realidade é o fogar dunha especie que pode causar importantes ós animais –sobre todo cans– e ás persoas.
ESPECIAL COIDADO COS CANS
Segundo especifican dende a Estación Fitopatolóxica, os cans poden sufrir tamén este tipo de efectos debido ó seu carácter curioso. Por isto alertan de que tampouco estes animais se acheguen ata as orugas “xa que lles poden causar necrose na trufa ou na lingua, ademais dos efectos antes mencionados”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario