Plan de Recollida de aceites domésticos usados da Deputación de Pontevedra - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 27 de febrero de 2012

Plan de Recollida de aceites domésticos usados da Deputación de Pontevedra

O PLAN DE RECOLLIDA DE ACEITES DE USO DOMÉSTICO DA DEPUTACIÓN RECOLLEU NA PROVINCIA 23.443 LITROS NO 2011 EN 50 CONTENEDORES UBICADOS EN 16 CONCELLOS

1.- O Plan de Recollida e Tratamento de Aceites de Uso Doméstico da Deputación de Pontevedra recolleu o ano pasado (2011) un total de 23.443 litros en 50 contenedores ubicados en 16 concellos da provincia.

2.- No periodo 2009-2011 recollimos 47.728 litros
  • Neste periodo de vixencia do plan pasamos de 41 contenedores en 2010 a 50 en 2011. E de 3.365 litros recollidos en 2009 a 23.443 en 2011
3.- Os concellos adheridos ó Plan son O Grove (4 contenedores e 4.448 litros recollidos no periodo 2009-2011); Silleda (4 e 3.416); Pontevedra (10 e 13.114); Ponte Caldelas (2 e 536); A Illa (4 e 5.513); Meis (2 e 1.303); Cerdedo (1 e 703); Baiona (3 e 1468); Cuntis (2 e 2.014); A Guarda (3 e 2.968); A Estrada (5 e 8.152); Vila de Cruces (2 e 773); Moraña (1 e 495); Salceda de Caselas (1 e 293); Valga (2 e 557); Poio (5 e 1955)

Os puntos de recollida máis pretos de Barro, son Moraña ou Pontevedra

4.- O aceite recollido transfórmase en enerxía biodiésel.
  • O aceite recollido lévase ó centro de tratamento BGal, ubicado en Begonte (Lugo), para convertilo en biocombustible e biodiésel.
5.- O Plan de Recollida e Tratamento arrancou cun acordo asinado entre a Deputación e a Asociación Española de Recollida, Tratamento e Reciclaxe de Aceites e Graxas (AERTA). Froito deste convenio instaláronse ata o momento 50 contedores especiais (de entre 150 e 500 litros) de recollida nos 16 concellos que ata o de agora participan no programa. Ademais, repartíronse nos fogares uns funís especiais para depositar o aceite en envases domésticos.
6.- O proxecto de recollida de aceite por parte da Deputación de Pontevedra é pioneiro en Galicia. O aceite recollido empregarase para transformalo en Biodiesel co cal ademais de reducir a contaminación directa contribuirase a xerar enerxía. Segundo os estudos técnicos, cada litro de aceite que se verte ao mar contamina 1.000 litros de auga mariña.
  • Os estudos técnicos indican que cada fogar de tres persoas consume, por termo medio, un volume de entre 18 a 24 litros de aceite ao ano.
8.- Na provincia de Pontevedra tiránse ó ano polo fregadeiro 5 millóns de litros de aceite de consumo humán. Se se lograse recoller esta cantidade, co plan posto en marcha pola Deputación de Pontevedra, ademáis dunha importante reducción de impacto medioambiental, produciríase un grande aforro pois o biodiésel producido suporía evita-la compra dunha cantidade similar de petróleo por parte do Goberno.
  • Esta iniciativa da Deputación, ademais de solucionar un grave problema medioambiental, supón para os concellos un grande aforro no tratamento do aceite e para os fogares e determinados colectivos de alto consumo (como grandes hoteis, etc.) a solución dun problema que hoxe aínda está por regular. 

     

No hay comentarios:

Publicar un comentario