AXUDAS: A Xunta destina 200 millóns de euros en axudas para agricultores de Galicia - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 3 de febrero de 2012

AXUDAS: A Xunta destina 200 millóns de euros en axudas para agricultores de Galicia

Estes fondos apoian prácticas sostibles en agricultura, gandería e desenvolvemento rural a través de vinte e un tipos de axuda diferentes, cofinanciadas polo Feaga e Feader

Os detalles da convocatoria poden consultarse no Diario Oficial de Galicia (DOG) de martes, día 31 de xaneiro:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120131/AnuncioG0165-250112-11451_gl.html


Máis de 40.000 agricultores galegos teñen de prazo ata o vindeiro 30 de abril para beneficiarse dos 200 millóns de euros que destina a Consellería do Medio Rural e do Mar ás axudas directas a prácticas sostibles. Son en total vinte e un tipos de axuda diferentes que teñen como finalidade fomentar e apoiar prácticas sostibles en agricultura, gandería e desenvolvemento rural e que son cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Os detalles desta convocatoria poden consultarse no Diario Oficial de Galicia (DOG) de onte martes, 31 de xaneiro, nunha Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, así como as axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2012.

Esta Orde, que ten como finalidade mellorar a renda dos agricultores e gandeiros, contempla un total de vinte e un tipos de axuda diferentes. Dez deles, financiados polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), teñen por obxectivo compensar aos agricultores polas perdas de ingresos derivadas da redución dos prezos do mercado e tamén polo aporte de bens públicos á sociedade non valorados polo mercado.
Outros once tipos de axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), teñen carácter de pagos compensatorios, ben pola zona en que se exerce a actividade agraria ou ben como compensación dos custos adicionais e das perdas de ingresos derivados do compromiso do agricultor adoptado na explotación para a mellora do medio ambiente.

Axudas
Está previsto que estas axudas as soliciten máis de 40.000 agricultores na Comunidade Autónoma de Galicia, ascendendo as mesmas a preto de 200 millóns de euros. O importe máis relevante corresponde ao pagamento único por explotación desligado da produción, con 110 millóns de euros. As axudas ao sector lácteo relacionadas coa calidade ou coas desvantaxes específicas destas explotacións supoñen un importe de 25 millóns de euros. Tamén hai subvencións para explotacións con vacas nutrices, por máis de 27 millóns de euros. No relativo ás axudas ao desenvolvemento rural prevese o pago de mais de 37 millóns de euros, en concepto de indemnización compensatoria e de axudas ligadas ao contrato de explotación sustentable.
Prazo

O prazo de solicitude das axudas remata o 30 de abril de 2011. O Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), como organismo autónomo adscrito á Consellería do Medio Rural e do Mar, será o encargado de informar da apertura do prazo e da forma de tramitación das solicitudes a aquelas persoas que desexen beneficiarse das mesmas no ano 2012, mediante unha carta personalizada que recibirán en próximas datas.
Na tramitación destas axudas colaboran un total de 12 entidades financeiras, así como entidades de aconsellamento de explotación.

Cursos de formación
Tendo en conta o sistema de tramitación, o FOGGA impartirá, como xa ven sendo habitual, cursos de formación para persoal das entidades colaboradoras que van participar na tramitación das axudas. O propósito dos mesmos é comunicarlles as características das axudas e da sistemática de tramitación coa finalidade de que poidan informar adecuadamente aos agricultores.
Esta información é complementaria á que se transmitirá tamén aos agricultores nas vindeiras semanas, a través dos servizos territoriais e oficinas agrarias comarcais da Consellería do Medio Rural e do Mar e da Oficina Agraria Virtual (OAV).

No hay comentarios:

Publicar un comentario