O Día Internacional da Lingua Materna celebrouse hoxe, promovido pola Unesco, en prol da unidade entre os pobos usando o multilingüismo e o multiculturalismo como ferramenta.
Un ano máis, a comunidade galega vai conmemorar o Día da Lingua Materna cun acto institucional, esta vez en colaboración entre a Xunta e a Deputación de Pontevedra, e que se celebrou na escola infantil da Cidade Príncipe Felipe, na capital do Lérez. Durante o evento que tivo lugar, as 12.15 horas, o espectáculo musical Arrolos no colo da fala, que correrá a cargo dos músicos de Berrogüetto Xabier Díaz e Guillerme Fernández
Estes interpretaron as pezas do disco No colo da fala, unha obra compiladora de cancións de berce que foi editada pola Xunta de Galicia no marco do programa de dinamización lingüística A xeración dos axóuxeres, destinado a promover o uso do galego e a transmisión lingüística familiar
Galicia así sumase, un ano máis, á conmemoración do Día Internacional da Lingua Materna, que foi proclamado pola confe- rencia xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) co obxectivo de “promover a preser- vación e protección de todos os idiomas que empregan os pobos do mundo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario