A E.P. CALDAS-CARRACEDO-CATOIRA QUEDARÁ CORTADA Ó TRÁFICO ENTRE O 22 E O 26 DE MAIO POR MOR DAS OBRAS RENOVACIÓN DA CAPA DE RODAXE E DE SINALIZACIÓN NAS QUE A DEPUTACIÓN INVISTE 698.238,45 EUROS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 21 de mayo de 2012

A E.P. CALDAS-CARRACEDO-CATOIRA QUEDARÁ CORTADA Ó TRÁFICO ENTRE O 22 E O 26 DE MAIO POR MOR DAS OBRAS RENOVACIÓN DA CAPA DE RODAXE E DE SINALIZACIÓN NAS QUE A DEPUTACIÓN INVISTE 698.238,45 EUROS

Con esta actuación a Deputación de Pontevedra aumentará a seguridade vial dun tramo que rexistra unha intensidade media diaria de 4.000 vehículos ó día da cal o  15%  do tráfico é tráfico pesado
 
        O corte realizarase entre a entrada da autopista e a conexión coa PO-548.

A Deputación Provincial de Pontevedra procederá a contar o tránsito na estrada provincial 8001 Caldas- Carracedo- Catoira entre os vindeiros días 22 e 26 de maio de 2012. Esta acción terá lugar co obxecto de levar a cabo as obras de renovación da capa de rodaxe _estendido da mestura bituminosa en quente en todo o ancho do vial- e a mellora da sinalización existente nesta vía.

O corte realizarase entre as 7:00 horas do día 22 de maio e as 24:00 horas do día 26 de maio, entre los p.k. 0+450 (entrada autopista) e p.k. 8+000 (conexión PO-548). A empresa Construcións, Obras e Viais S.A. (COVSA), que é a adxudicataria do  proxecto, será a encargada de adoptar perante este proceso as oportunas medidas de seguridade, así como todas aquelas que sexan necesarias para reducir ó máximo as afeccións ó resto dos usuarios da estrada, sinalizando os oportunos desvíos alternativos.

Aumento da adherencia

Esta obra supón para a Deputación de Pontevedra un investimento de 698.238,45 euros. A empresa adxudicataria, Covsa, xa acometeu os traballos previos de limpeza e desbroce do entorno en todo o tramo polo que agora procederá á aplicación da leitada bituminosa para aumentar a adherencia do asfalto; e  á mellora da sinalización vertical e horizontal a través de bandas sonoras e balizas luminosas (ollos de gato) para aumentar a visibilidade. Tamén se acometerá a limpeza de marxes e cunetas.

Asemade, e en atención á recomendación dos técnicos, vaise a eliminar un tramo de adiantamento que pola súa situación en pendente e curva alberga perigosidade.
No referente ós límites de velocidade, estes serán adaptados ás novas medidas adoptadas.

Así mesmo, incluirán sinalización vertical con sinais de alta intensidade de grao tres, que son as que máis reflexión e refracción teñen, o pintado das liñas con pintura sonora para que o condutor teña un aviso se se desvía da súa traxectoria, e colocaranse balizas luminosas (ollos de gato) para aumentar a visibilidade.
A EP Caldas-Carracedo-Catoira tén unha intensidade media diaria de 4.000 vehículos ó día (o 15% é tráfico pesado).

No hay comentarios:

Publicar un comentario