Durante o día de onte en Santiago, celebrouse o I Trofeo Cidade de Santiago, no pavillón Santa Isabel, donde acudiron os bailaríns de Barro, Alba Triñanes e Santi Barreiro.
Alba e a sua parella acadaron un 5º premio en latinos e un 2º premio en standard.
Pola outra banda, Santi e a sua parella acadaron un 3º premio en standard y un 4º premio en latinos. As dúas parellas nas súas propias categorías.
Logo participaron no OPEN latino,xunto con 21 parellas , onde as dúas parellas pasaron a unha semifinal de 13 parellas. Pero a partir de aquí só podían pasar a final 6 parellas e eles xa non o conseguiron, quedaron descalificados.
Cabe sinalar que un OPEN e moi complicado, xa que compiten parellas de varias idades e de categorías diferentes, é dicir, categorías superiores a deles e xente que xa leva moitos anos bailando, polo que tamén se pode considerar un éxito chegar á semifinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario