Propostas para a fin de semana 25,26 e 27 de Maio: Festa do Galo de Curral, Vila de Cruces. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 25 de mayo de 2012

Propostas para a fin de semana 25,26 e 27 de Maio: Festa do Galo de Curral, Vila de Cruces.

A última fin de semana de maio terá lugar no Concello de Vila de Cruces a XIX Festa Gastronómica do Galo de Curral, festa que foi declarada recentemente de Interese Turístico Galego.

Os actos comezan o día 25 pola noite cunha verbena a cargo das orquestras Claxxon e Alaska.

O sábado 26, tamén pola noite, a partir das 23:00 horas, na Praza Juan Carlos I, a Comisión de Festas Piedade 2012, organiza a actuación dos grupos: Maestros del Tempo, Merza Brass, Barrio Rojo e DJ Chinín.

O domingo 27 será o día grande da festa. Pola mañá, a partir das 10:30 horas, pasarrúas a cargo dos grupos folclóricos O Arco de Merza, Gaiteiros de Piloño e Punteirolo de Vila de Cruces.

Ás 11:00 horas, coma todos os anos, haberá Concentración de Coches Antigos.

E a partir das 12:00 horas actuarán:
Vanessa Lamar
Loli Nogueira, finalista no programa "Tú sí que vales"
Os bailaríns Manuel Trillo e Anastasia Zhitova
Antonio Miniño
A artista local, Leticia Rey

E lendo o pregón, Pepe Ruíz, o famoso "Avelino" na serie "Escenas de Matrimonio"

E pola tarde, a partir das 17:30 horas, terá lugar o XIX Festival de Bandas de Galicia, coas seguintes actuacións:

 Unión Musical de Ponteledesma, que porá música a diversas pezas que interpretará vocalmente o tenor Cesáreo Torres
Banda Escola de Música de Beade
Banda Artística de Merza

     

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario