Boas noites a tod@s: Dende o proxecto de Voz de Barro, tamén da radio Voz de Barro FM e Voz de BarroFm, queremos darvos as gracias polas felicitacións no hoxe primeiro ano de andaina por estes mundos da información. Moitas foron as causas de nacer, pero a máis fundamental, a de informar, e creemos que os preto de 2500 amig@s, lectores, seguidores, en fin persoas ou entidades que nos seguides por todas as redes sociais que temos, nos estades a dar a razón da nosa existencia.
Darémosvos algúns datos que coidamos que son escalofriantes para nós, nun ano de vida: Acadamos na nosa web, preto de 85.000 visitas e lecturas das nosas noticias, e garantizámosvos que iso e moito, de verdade. Posuimos unha rede de colaboradores e informadores desinteresados, que fan que cando acontecen as noticias, á maior brevidade, cheguen a vós.
Unha cousa é fundamental.Isto non é un proxecto a día de hoxe "profesional" ainda que o pareza, como algúns nos dín. Tamén e certo que algún profesional anda polo medio ;) pero queremos conservar a esencia de "paisanos" e cercanos a vós.Ó principio algún grupo político do noso concello "menospreciounos", outro "non nos considerou moita cousa" e outro "estivo á expectativa".
En con esa relación inicial botamos a andar, a ver que pasaba, dentro dunha hexemonía informativa que a día de hoxe xa non é tal. Coma na vida, haiche moitos puntos de vista, pero a información é a que é, e diso non hai volta.
Para nós, vós, persoas anónimas, e que non buscades protagonismo, e só saber que pasa por Barro e algunhas veces arredores, que buscades algo de información sobre deportes, sobre lecer, sobre cociña, sobre emprego, sobre as axudas das administracións, actividades do Concello de Barro, ou comprendedes a nosa especial colaboración na Doazón de Sangue, sodes os que debedes ou non apreciar o que facemos. Démoslle "Voz" a persoas que coidamos levan o nome de Barro por donde pasan, que a través das entrevistas, descubrimos, músicos, deportistas, políticos, e buscamos a parte humana tamén deles.
Isto segue, agardemos que por moito tempo, xa que leva, moito traballo. Aquí non permitimos que haxa perfiles falsos que se agochan detrás dunha pantalla para insultar, ou expresar opinións fora de tono. E así seguirá, estas son normas. Somos un foro aberto, que apoiamos moitas iniciativas de Barro e arredores, na empresa, no deporte, no emprego, no motor, etc, etc.
Despois desta pequena reflexión, o equipo de Voz de Barro, reitéravos as gracias. Sodes o que máis nos importa. Xa sabedes, e seguide ahí, por moito tempo.
miércoles, 23 de mayo de 2012
New
Para @s que nos felicitastes: Gracias! Dedicámosvos estas palabriñas :))
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
voz de barro
Etiquetas:
voz de barro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario