LOUZÁN ASINA CO XERENTE DE GASÓLEOS XEVE A ESCRITURA PÚBLICA DE VENTA DUNHA PARCELA DE BARRO-MEIS QUE PERMITE Á EMPRESA INICIAR A ACTIVIDADE OCUPANDO A 25 TRABALLADORES - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 22 de mayo de 2012

LOUZÁN ASINA CO XERENTE DE GASÓLEOS XEVE A ESCRITURA PÚBLICA DE VENTA DUNHA PARCELA DE BARRO-MEIS QUE PERMITE Á EMPRESA INICIAR A ACTIVIDADE OCUPANDO A 25 TRABALLADORES


O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o xerente da empresa Gasóleos Xeve, Valentín Eirabella, asinaron hoxe, ante o notario de Caldas de Reis, José María Graiño Ordóñez, a escritura pública de venta dunha parcela de 2.336 metros cadrados no polígono de Barro-Meis. A sinatura permite a operatividade desta empresa de almacenamento e distribución de líquidos petrolíferos no devandito polígono e dar ocupación laboral a 25 traballadores.
Gasóleos Xeve fixo unha inversión de 1,5 millóns de euros, dos cales 345.000 foron en concepto de compra da parcela e o resto, de construcción da nave. A operación foi financiada polo Banco de Sabadell na liña que esta entidade bancaria ven mantendo de apoio ao desenvolvemento de plans industriais.
As novas instalacións de Gasóleos Xeve en Barro-Meis, que serán inauguradas oficialmente o vindeiro mes de xuño, ocupan na actualidade a 25 traballadores ainda que a firma prevé unha ocupación final de 1o traballadores en tarefas administrativas e 22 en traballos de reparto. A nave dispón de sistemas informáticos de xestión de paquetería e optimización de tempos de entrega, así como de cintas transportadoras, máquinas de elevación e transporte.
Para a súa actividade de almacenamento e distribución de líquidos petrolíferos, a empresa dispón dunha ampla flota de camións de distinto tonelaxe, catro cabezas tractoras con cisternas e 7 camións cisternas. Con eles da servizo tanto en zonas urbáns como en ámbetos rurais de difícil acceso. As ventaxas competitivas da empresa, que se constitueu no ano de 2002, están relacionadas co servizo a particulares e empresas así como coa súa rapidez, especialización e prezos. Ás empresas que contratan con Gasóleos Xeve o suministro de combustible, instálalles un depósito sin coste engadido para o cliente.
Cinco empresas operativas
Louzán destacou que, coa entrada en funcionamento desta empresa, o polígono de Barro-Meis conta xa con cinco firmas operativas: Caenor, Técnica Comercial Agropecuaria Galega, Aricur, Gescogra e agora Gasóleos Xeve. Sinalou que o polígono é un auténtico centro estratéxico de traballo para o futuro próximo e afirmou que, a maiores das empresas radicadas, tén vendidas o 40% das súas parcelas cunha superficie total de 85.198 metros cadrados.
A Deputación tén á venta novas parcelas e concede facilidades na súa compra fraccionando o pago en cinco años. O prezo de venda do chan industrial en Barro-Meis é de 147,5 euros o metro cadrado. Recentemente foi inaugurado o abastecemento de auga ao polígono, que supuxo unha inversión de 3,3 millóns de euros.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario