O CONSORCIO PROVINCIAL DE BOMBEIROS APROBA O PREGO DE CONDICIÓNS PARA A XESTIÓN DOS PARQUES, CUN ORZAMENTO DE 22,2 MILLÓNS DE EUROS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 31 de mayo de 2012

O CONSORCIO PROVINCIAL DE BOMBEIROS APROBA O PREGO DE CONDICIÓNS PARA A XESTIÓN DOS PARQUES, CUN ORZAMENTO DE 22,2 MILLÓNS DE EUROS


Contarán con 90 bombeiros e será financiado ao 50% entre Xunta e Deputación

· Dará cobertura ao 70-80% da poboación da provincia, exceptuando as cidades de Vigo e Pontevedra, que contan con parque propio

A nova xestión do Consorcio Provincial de Bombeiros sairá a concurso público a vindeira semana, despois de que esta mañá se procedese á aprobación do correspondente prego de condicións, que establece un orzamento de 22,2 millóns de euros para os próximos 8 anos, segundo anunciou o presidente da Deputación, Rafael Louzán.

A esta cantidade hai que engadir 1 millón de euros anual destinado ao Parque Comarcal do Deza, o que supón un investimento total no servizo contra incendios de 30 millóns de euros, que serán financiados ao 50% entre Xunta e Deputación.

Os parques contarán cun total de 90 bombeiros, xa que se reforza algún dos parques actuais, coma o de Vilagarcía, no que se pasará de 2 bombeiros por quenda a 3 e que dará servizo tamén á comarca de Caldas, Barro ou Moraña.

Louzán salientou que deste xeito se pode garantir que o 70-80% da poboación da provincia –exceptuando os concellos de Pontevedra e Vigo, que xa contan con parque propio- estará atendida por un servizo de bombeiros dentro da isocrona dos 20 minutos establecida como tempo máximo para a chegada ao lugar de actuación.

Nesta liña, salientou que a creación do Consorcio Provincial pon fin aos límites de actuación que tiñan os parques ata o de agora e estruturaranse para dar “cobertura de seguridade contra incendios á práctica totalidade da poboación da provincia”.

O prego de condicións aprobado hoxe inclúe tamén os salarios do persoal, que será de 19.000 euros brutos para os bombeiros, 21.500 euros para os cabos e 25.000 para o sarxento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario