Voz de Barro celebra o Día Mundial de Internet. "Sen él nós non estaríamos aquí" - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 17 de mayo de 2012

Voz de Barro celebra o Día Mundial de Internet. "Sen él nós non estaríamos aquí"

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA XUNTA DE GALICIA CON MOTIVO DÍA MUNDIAL DAS TELECOMUNICACIÓNS E DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN


A adopción xeneralizada de Internet na sociedade xerou cambios de tal magnitude que hoxe experimentamos o mundo como unha comunidade global, onde as persoas se relacionan de xeito instantáneo e calquera información se difunde velozmente e pode provocar cambios e reaccións en calquera lugar do mundo.

Así, estase a configurar unha sociedade demandante de novas solucións e servizos que poidan dar resposta ás necesidades que trae consigo esta revolución dixital. Unha sociedade cada vez mais dixital que, sen embargo, ten o reto de que ninguén quede excluído. Estar do lado positivo da chamada fenda dixital supón ter mais oportunidades de acceso ao coñecemento, aos mercados, á formación, ao emprego.

E ese é un dos retos fundamentais das Administracións e un dos obxectivos da Axenda Dixital 2014.gal, integrar as TIC en todos os ámbitos da sociedade e facilitar o seu acceso igualitario a todos os galegos. Coa súa posta en marcha en xuño de 2010, Galicia iniciou o camiño do progreso tecnolóxico. Un camiño que permitirá a Galicia facer fronte aos retos da nova sociedade do coñecemento e integrarse definitivamente no novo contexto dixital europeo no horizonte de 2014.

Estamos avanzando pero neste camiño aínda nos quedan moitos pasos por dar. Neste sentido, debemos seguir traballando e esforzándonos por configurar unha administración máis moderna e eficiente, que poida dar resposta ás esixencias tecnolóxicas da nosa cidadanía, así como ser capaz de paliar os innegables efectos da crise que está a acontecer.

En Galicia estamos a por os medios para ocupar o lugar que nos corresponde na sociedade de información, en primeiro lugar, achegando as infraestruturas de telecomunicación a toda Galicia co obxectivo de ter, por primeira vez, unha Comunidade totalmente conectada en 2014. E estamos cumprindo obxectivos, dotando xa de posibilidade de conexión á rede ao 60% da poboación que hai dous anos carecía deste servizo e estendo ás redes máis punteiras ás que xa teñen acceso preto dun millón de galegos.

O despregamento de infraestruturas modernas e sustentables a través do Plan de Banda Larga é só unha parte desta Axenda Dixital pero é a base sobre a que se desenvolven todas as actuacións dirixidas ao ámbito das telecomunicacións, á modernización administrativa, á dinamización da sociedade da información e ao impulso do sector empresarial das novas tecnoloxías.

O obxectivo de esta estratexia tecnolóxica global é contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia, é ambicioso pero irrenunciable, imposto pola propia e vertixinosa evolución das TIC.

A coincidencia coa celebración do Día das Letras Galegas é tamén un bo motivo para lembrar os instrumentos que proporcionan as novas tecnoloxías para impulsar o coñecemento da cultura galega no mundo. Neste sentido, a Xunta está a contribuír á difusión da nosa identidade na rede, colaborando en iniciativas como a candidatura do dominio .gal en internet.

Sen dúbida, a rede constitúe unha excelente plataforma para impulsar o coñecemento de Galicia no mundo e tamén unha fiestra á que todos os galegos debemos ter a posibilidade de asomarnos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario