Voz de Barro celebra o Día Mundial da Reciclaxe este 17 de Maio. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 16 de mayo de 2012

Voz de Barro celebra o Día Mundial da Reciclaxe este 17 de Maio.

O próximo día 17 de maio terá lugar a celebración do Día Internacional da Reciclaxe. Trátase dunha data instituida pola Unesco e que naceu no ano 1994 no estado norteamericano de Texas. En 1997 estendeuse ao resto dos Estados Unidos e, co tempo, implantouse en todo o mundo. Con motivo desta celebración, a Sociedade Galega de Medioambiente, Sogama, decidiu levar a cabo, con carácter previo a esta efeméride, unha campaña educativa que se proxectará para toda Galicia desde seis cidades galegas que utilizan os servizos deste empresa pública.

O lema utilizado para esta campaña é "Edúcaos na reciclaxe. Nas súas mans está o futuro de todos". É unha aula itinerante que percorrerás varias cidades galegas, como son Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo, Ferrol e Santiago, e a súa pretensión é informar á poboación acerca dos beneficios ambientais, económicos e sociais da reciclaxe, solventando posibles dúbidas en torno á axeitada separación de residuos en orixe e o correcto depósito dos mesmos en cada un dos contedores de recollida selectiva habilitados na vía pública. Así, recórdase que, mentres no amarelo deben introducirse os envases de plástico, as latas e os briks, o azul destínase ao papel e cartón, e o iglú verde ao vidro, desviando os restos non reciclabes aos recipientes verdes xenéricos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario