A Deputación de Pontevedra investirá 3 millóns de euros no seu terceiro Plan de Emprego que se iniciará en xaneiro e ocupará, con contratos-beca, entre 300 e 500 xoves perante seis meses ou un ano, según casos.
O presidente da institución provincial, Rafael Louzán, informou da
iniciativa hoxe en rolda de prensa, despois de dar conta da finalización do
segundo plan e acordar a realización dun terceiro na xunta de goberno celebrada
hoxe.
Este terceiro plan estará orientado a xoves que remataros os sus estudios e
son parados de longa duración no INEM. Serán xoves titulados _licenciados,
diplomados, etc._ e traballarán nos concellos da provincia en parcelas como a
investigación, a administración, etc., pois a Deputación, según explicou
Louzán, <vai da mán dos concellos neste asunto e o obxectivo é dar
esperiencia profesional a xoves que non a teñen así como introducilos no mundo
laboral>.
Según Louzán, a Deputación asumirá a totalidade do coste do Plan, que
cifrou en 3 millóns, en vista da precariedade económica
dos concellos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario