VILAGARCÍA DE AROUSA ACOLLERÁ O SÁBADO E O DOMINGO O XII CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA NO QUE PARTICIPARÁN CATORCE AGRUPACIÓNS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 25 de octubre de 2012

VILAGARCÍA DE AROUSA ACOLLERÁ O SÁBADO E O DOMINGO O XII CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA NO QUE PARTICIPARÁN CATORCE AGRUPACIÓNS


O Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa acollerá os vindeiros sábado 27 de outubro e domingo 28 o XII Certame Provincial de Bandas de Música no que participarán 14 agrupacións musicais de toda a provincia, según explicou hoxe en rolda de prensa no Pazo  Provincial a deputada provincial Ana Isabel Vázquez.
O sábado 27 intervirán 8 bandas na sección segunda e terceira do certame. Na segunda, as bandas de Goián, Airiños do Morrazo e a banda xuvenil de Torroso interpretarán, a partir das 15 horas, ademais dunha composición libre, a obra obrigada <Camiño da Rogueira> de Ernesto Campos. Nesta sección, a gañadora recibirá 2.900 euros e a segunda clasificada, 1.300.
Esta mesma data, na sección terceira, actuarán as bandas de Arbo, Vilatuxe (Lalín), Bembrive (Vigo), Vertula e Ribadumia. Ademais da composición libre, están obrigadas a interpretar <Suite silvestre> de Andrés Fernández Rodríguez. Nesta sección, repartiránse 2.400 euros para o gañador e 1.100 para o segundo.
O domingo 28 de outubro, na sección  primeira, intervirán, a partir das 11 horas, as bandas de Valga, Vilagarcía de Arousa e Vincios (Gondomar) que tocarán un tema libre e unha obrigatoria, <Visións> de Angel Montes. A agrupación gañadora recibirá 3.400 euros e a segunda clasificada 1.700.
Finalmente, o mesmo domingo, a partir das 16,30 horas, na sección especial tocarán as bandas de Valladares (Vigo), Caldas de Reis e Meaño co tema obrigado <Mártires da libertade> de Miguel Brotóns e un tema libre cada unha. Neste apartado, os premios serán de 4.100 euros para a primeira e 2.000 para a segunda.
Os gañadores das distintas seccións recibirán, ademais dos premios en metálico mencionados, cheques por valor instrumental cedidos pola empresa <Musical Pontevedra> de 1.500, 1.200, 1.050 e 900 euros según a sección na que interveñan.
O xurado do XII Certame Provincial de Bandas de Pontevedra estará formado por Francisco Grau Vegara, compositor e director de orquesta; Francisco Ferreira, director da Banda Sinfónica  Portuguesa; José Zaldo García, director de orquesta; Rafael Montes Gómez, director de orquesta venezolano; e Juan Durán, compositor en representación da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario