Os ladróns volven á parroquia de Curro - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 30 de octubre de 2012

Os ladróns volven á parroquia de Curro

Segundo informacións da parroquia de Curro, na tarde de onte luns, un suxeito foi sorprendido cando escapaba cara unha casa na que xa tiña outros obxectos roubados, situada na zona da Fonte de Curro.

Xa en compañía do propietario do inmoble, un veciño e outros que se sumaron, iniciaron unha persecución que acabou coa inmovilización e incautación de distintos obxectos e material deportivo diverso.

O incidente no foi máis alá xa que o propietario do inmoble non quixo poñer denuncia diante da Garda Civil.

Recordamos que para poñerse en contacto co instituto armado, hai que chamar ao 062, teléfono operativo as 24 horas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario