QUERES QUE PASE POR BARRO A VOLTA CICLISTA? LOUZÁN E GUILLÉN ANUNCIAN QUE A SAÍDA DA 68 EDICIÓN DA VOLTA A ESPAÑA SERÁ O 24 DE AGOSTO DENDE UNHA BATEA SITUADA NO MEDIO DA RÍA DE AROUSA FRENTE A VILANOVA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 19 de octubre de 2012

QUERES QUE PASE POR BARRO A VOLTA CICLISTA? LOUZÁN E GUILLÉN ANUNCIAN QUE A SAÍDA DA 68 EDICIÓN DA VOLTA A ESPAÑA SERÁ O 24 DE AGOSTO DENDE UNHA BATEA SITUADA NO MEDIO DA RÍA DE AROUSA FRENTE A VILANOVA

Unipublic dí que será a máis espectacular de todas as edicións da carreira e Louzán afirma que con ela se fai unha homaxe ás xentes do mar e da emigración

LOUZÁN E GUILLÉN ANUNCIAN QUE A SAÍDA DA 68 EDICIÓN DA VOLTA A ESPAÑA SERÁ O 24 DE AGOSTO DENDE UNHA BATEA SITUADA NO MEDIO DA RÍA DE AROUSA FRENTE A VILANOVA

A saída oficial da 68 edición da Volta Ciclista a España terá lugar o vindeiro 24  de agosto de 2013 ás 19:00 horas dende o municipio de Vilanova de Arousa, segundo anunciaron hoxe o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o director da Volta Ciclista, Javier Guillén, acompañados polo alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.

A saída será espectacular, informou Rafael Louzán, realizarase dende unha batea, unha estrutura de madeira situada sobre o mar que se utiliza tradicionalmente en Galicia para o cultivo de marisco como por exemplo o mexilón ou a ostra. “O esforzo vale a pena”, afirmou o presidente da Deputación quen asegurou que “vamos a empregarnos a fondo para que a saída sexa a máis novidosa das que nunca antes houbera posto en marcha a volta ciclista”.

Imaxe, sector e paso por 40 concellos
A renglón seguido o titular da Deputación comentou que pretende aproveitar este gran evento deportivo para ofrecer a imaxe máis potente de Galicia, que son as súas rías, e un elemento tradicional que está na súa superficie como son as bateas <que en Galicia son perto de 3.000> dixo. Así, dende este punto vaise a organizar unha saída en formato crono por equipos nunha etapa que terá entre 20 ou 30 quilómetros con punto de chegada noutra localidade da comarca do Salnés e con paso pola emblemática praza de Fefiñáns. Aínda que o máis complexo vai a ser a organización da saída, explicou o presidente da Deputación, “estamos traballando para ofrecer a mesma espectacularidade na chegada”.

Pola provincia de Pontevedra transcorrerán tres ou catro etapas da Volta a España 2013. A cita deportiva estará presente na práctica totalidade dos municipios da comarca do Salnés e transcorrerá por máis de 40 municipios da provincia de Pontevedra. A proba deportiva pasará tamén por municipios do interior. 

A presentación oficial, na que se darán a coñecer todos os pormenores e detalles dos percorridos e das etapas está prevista para finais de 2012 ou principios de 2013. 

“Esta cita permitiranos novamente ensinar as rías baixas ó mundo, queremos poñer en coñecemento dunha audiencia a nivel mundial toda a riqueza que ten Galicia e das Rías baixas”, dixo Louzán, quen considera que se trata “dun gran evento deportivo que traerá retorno como xa ocorreu no ano 2012  para toda a provincia de Pontevedra e para Galicia”.

Homaxe ás xentes do mar e da emigración
Para rematar, Louzán dixo que esta saída dende o medio do mar pretende ser un homenaxe á xente que traballa nos oficios do mar; ós emigrantes que no seu día saíron desde os portos galegos deixando ás súas familias para buscar vida; e finalmente para dar a coñecer esa imaxe das rías, única no mundo.

O director da Volta, Javier Guillén insistiu no compromiso de superar os grandes resultados obtidos na última edición da volta, “o que realmente será un reto moi difícil” e comentou que serán fundamentais a “modernidade, a espectacularidade e a  identidade”, tres aspectos que primarán na saída da Volta Ciclista 2013 dende as Rías Baixas.  Tamén explicou que o a partir desta saída o percorrido será espectacular e con etapas que van a  permitir que a volta siga medrando e enriquecéndose. Finalmente, e puxo de relevo a esixencia do presidente da Deputación na aposta pola calidade e no reto de ser mellores que o ano pasado o que vai a ser moi difícil.

Para rematar, o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, agradeceu a ilusión e a colaboración de todos os veciños. Amosou a súa satisfacción e orgullo polo feito de que Vilanova de Arousa fora o lugar escollido para celebrar este evento deportivo porque considera que “vai a ser o mellor evento deportivo da historia do municipio”

No hay comentarios:

Publicar un comentario