·
As pontes festivas soen,
lamentablemente, coincidir cun incremento da demanda de compoñentes
sanguíneos por parte dos centros sanitarios debido ao aumento das
urxencias por mor dos accidentes de tráfico
A campaña de doazón de sangue que desenvolve a Consellería de Sanidade
por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) refórzase nas
xornadas
previas ao festivo do día 1 de novembro en previsión dun incremento da
demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios
galegos.
Lamentablemente, os meses de verán,
o Nadal e as pontes festivas soen coincidir cun notable incremento da
demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios
galegos xa que nestas datas increméntanse as urxencias
derivadas dos accidentes de tráfico. Ademais, no meses de outono e
inverno, as inclemencias meteorolóxicas dificultan en gran medida o
desenvolvemento das campañas de doazón de sangue.
Desprazamentos
As dez unidades móbiles do CTG
visitarán, ao longo da presente semana, máis de trinta concellos galegos
para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento
do labor asistencial dos centros sanitarios galegos
que, cada día, precisan 500 doazóns de sangue.
O CTG agarda novamente contar coa
participación dos cidadáns nesta campaña de doazón de sangue e, para
iso, tenta ofrecer as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o
desprazamento de dez unidades móbiles cada día que
efectuarán os seguintes desprazamentos:
DATA
|
CONCELLOS
|
Mércores 31 de outubro
|
EU
Arquitectura Técnica (A Coruña), A Laracha, Praza Armas (Ferrol), Muros,
CIFP Coroso (Ribeira), IES Muralla Romana (Lugo), Rúa do Paseo
(Ourense), Baiona, Ribadumia e IES Ricardo Mella (Vigo).
|
Venres 2 de novembro
|
Arteixo, Betanzos, Cedeira, Muros, Ribeira, Viveiro, Verín, Cangas do Morrazo, Marín e Moaña.
|
Sábado 3 de novembro
|
Betanzos, Cedeira, Ribeira, Viveiro, Cangas do Morrazo e Marín.
|
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
LUGAR
|
HORARIO
|
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA
(A Coruña)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
|
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
|
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de
máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña
padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou
C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que
permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo,
salvar a súa vida.
Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web:
ctg.sergas.es
e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para
resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a
data dos desprazamentos das unidades móbiles:
900 100 828
No hay comentarios:
Publicar un comentario