O PROXECTO DEPOGAP PERMITIRÁ DOTAR AOS CONCELLOS DA TECNOLOXÍA NECESARIA PARA UNHA XESTIÓN EFICIENTE DOS SEUS ACTIVOS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 2 de octubre de 2012

O PROXECTO DEPOGAP PERMITIRÁ DOTAR AOS CONCELLOS DA TECNOLOXÍA NECESARIA PARA UNHA XESTIÓN EFICIENTE DOS SEUS ACTIVOS



A Xunta de Gobernoaprobou a licitación da primeira fase deste programa, cun orzamento de 600.000euros
Os concellos da provinciade Pontevedra poderán dispor da tecnoloxía e as ferramentas necesarias paraunha xestión máis eficaz e áxil dos seus activos grazas ao proxecto DepoGap queimpulsa a Deputación Provincial e que conta con Fondos Europeos do programaFeder.
A Xunta de Goberno aprobouhoxe a licitación da primeira fase deste proxecto, que conta cun orzamento de600.000 euros e que permitirá desenvolver a ferramenta máis adecuada para queos concellos poidan levar un exhaustivo control dos seus activos (camiños,puntos de luz, contedores, saneamento, parcelas, inmobles….), e dispor deinformación permanentemente actualizada que lle permita unha mellor xestión e,en consecuencia, un maior aforro.
Inicialmentedesenvolveranse dous plans piloto, que servirán de ensaio para a posterior ampliaciónao conxunto dos municipios da provincia.
Realizarase o inventariode activos municipais, deseñarase a base de datos máis funcional e eficaz paraa súa xestión e incluirase tamén unha auditoría enerxética nos concellos.
Os resultados destaprimeira fase permitirán sacar adiante unha ferramenta que teña unhaactualización fácil e constante para unha máis eficiente xestión.
Captación de fondos europeos
O proxecto DepoGap, queconta  cun orzamento total de 8,7millóns de euros, foi un dos tres proxectos aprobados polos Fondos Feder da UEpara a Deputación o ano pasado, xunto con DepoTic (11,3 millóns) e DepoDeza(5,6 millóns).
Ademais, a instituciónprovincial contou coa aprobación do Fondo Social Europeo doutro proxecto,Aquelando 3, que conta cun orzamento de 3,4 millóns de euros e co que colaboran19 entidades da provincia, co obxectivo de promover cooperativas e autoempregono eido de atención ás persoas.
Estes catro proxectosupuxeron un total de 29 millóns, o 40% do total dos fondos europeos aprobadospara Galicia. Dende o 2003, a Deputación captou máis de 100 millóns de eurospara desenvolver proxectos estratéxicos para a provincia en novas tecnoloxías,turismo, patrimonio, emprego, medio ambiente.


No hay comentarios:

Publicar un comentario