Barro estará entre os concellos que accederán ao Plan de Investimentos da Deputación. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 2 de octubre de 2012

Barro estará entre os concellos que accederán ao Plan de Investimentos da Deputación.


Dará prioridade ásinversións produtivas, a fórmulas de cooperación inter ou supramunicipal e aosconcellos adheridos a plans de xestión provinciais
A DEPUTACIÓN DEPONTEVEDRA APROBA 18 MILLÓNS DE EUROS PARA FINANCIAR INVERSIÓNS NOS CONCELLOS EREGULAR A SITUACIÓN FINANCIEIRA DELES
A Deputación dePontevedra informou hoxe favorablemente un Plan de Investimentos que, cunimporte de 18 millóns de euros, reactivará a economía, fomentará o emprego esaneará os concellos pois contribuirá ao seu equilibrio financieiro. O Planserá aprobado definitivamente no vindeiro pleno da Corporación Provincial.
O Plan vai destinado ainversións municipais, dará traballo a máis de 1.000 personas e os concellospoderán destinar ata o 30% da axuda que lles corresponda a pago de débedas aotempo de que contarán con incentivos para premiar a súa boa xestión.
Prioridades
No Plan, a Deputación dará preferencia a proxectos que favorezcan arecuperación económica, que supoñan inversións produtivas, que sirvan para arecuperación medioambiental e patrimonial e que engadan valor.
No reparto dos 18 millóns _que será ao 50% por  poboación e territorio_ a institución  provincial priorizará, para estimular fórmulas de cooperacióninter ou supramunicipal, aos concellos que se adhiran a plans de xestións municipaisda Deputación (como por exemplo, a recollida de lixo, o suministro de enerxía,os bombeiros, etc.) e aos que se agrupen para desenvolver proxectos que afectena máis dun concello
Criterios de reparto
Os 18 millóns de euros doPlan de Investimentos repartiránse do seguinte xeito: o 80%(14,4 millóns de euros) por concurrencia competitiva e o 20% (3,6 millóns) porconcesión directa, tendo en conta que o 10% do importe total será destinado apremiar a boa xestión dos concellos.
 O criterio de concesión dos 14,4millóns por concurrencia será: 7,2 millóns repartidos de xeito lineal: 122.033€s para cada concello; e 7,2 millóns repartiránse según o tipo de concello (de1.000 a 10.000 habitantes: 36 concellos, 45%, 3,2 millóns;  de 10.000 a 20.000: 16 concellos, 35%, 2,5millóns;  e de 20.000 a 30.000: 7concellos, 20%, 1,4 millóns). A cantidade repartiráse entre o número deconcellos que forman o grupo según poboación e territorio (ao 50%).
Obras e equilibriofinancieiro
Os concellos poderán destinar as axudas aInvestimentos que faiga a propia Deputación; sen achega do concello; con achegado concello ou con achega do concello e doutra Administración. Tamén a Pago deDébedas con entidades ou acreedores. E a Gasto Corrente.


No hay comentarios:

Publicar un comentario