HISTORIA DO SAMAÍN
Na
noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, marcando a transición
do verán ao inverno. Durante esta noite os druídas (a caste sacerdotal
dos celtas) recollían as bagas de acivro cunha fouce de ouro. Acto
seguido depositaban esas bagas nun caldeiro ou as tiraban a un manto
branco que sostiña outro druída no chan. Despois, esas bagas tan
especiais, terían indubidables poderes curativos para o poboado, e para
as súas elaboracións "máxicas".
Uns días antes do
ano novo, tiñan lugar innumerables sacrificios animais. Ademais de ter
un carácter relixioso, temos que ter en conta unha cousa que se achega
o inverno e hai que empezar a almacenar alimentos para facer fronte
aos duros meses que veñen por diante. Estes sacrificios de animais,
facíanse co obxectivo de aprovisionarse de carne e de pel para o
inverno. Era a súa peculiar "matanza".
Esa noite está
relacionada moi directamente co mundo dos mortos. Pois ben, esta crenza
estaba moi arraigada no pobo celta. Eles crían que esa noite, unha
"porta" abríase, e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos
mortos, polo menos por unhas horas. Durante este período non se podía
saír do pobo, pois nesta noite, as ánimas dos finados volven visitar ás
súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume
e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os
parentes. Durante esas horas, podíase tocar, palpar e ata se podía
traspasar ao mundo dos mortos. Por iso en todo o pobo había fogueiras.
Estas, non se acendían coa intención de espantar aos malos espíritos,
nin nada diso, senón que se acendían para poder guiar aos mortos na
escuridade da noite, para que atopase aos seus parentes e fogares, e
puidésense quentar coa calor do lume do fogar.
Como
apunte final a esta festa celta, hai que mencionar unha curiosa
tradición: os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus
mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. Esta tradición tivo
repercusións na nosa cultura, xa que nas encrucilladas dos camiños
facíanse amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o
costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro
no camiño de Santiago, que é famoso (ademais de estar preto de
Santiago de Compostela), porque posúe unha gran cruz de ferro. O feito
de depositar unha pedra alí é signo de que non terás mala fortuna
durante o que queda de viaxe, por iso os peregrinos soen levar unha
pedra desde o seu lugar de orixe, ou ben a collen antes de chegar ao
milladoiro.
A LENDA DA CABAZA
Fai moito tempo, nun pequeno
pobo irlandés había un monxe chamado Jack. Jack, segundo algunhas
lendas, era un tipo alto e delgado, que lle gustaba gastar bromas e
facer maldades. Pero era un home astuto, e tanto o cría el, que ata
fixo un pacto co demo. O pacto, contan, consistía en que o demo non o
deixaría ir ao inferno se Jack facía o mal na terra. E así foi. Pero
Jack era mortal, e como a todos os mortais chegoulle a súa hora. No ceo
non o deixaron entrar, non podían deixar entrar a un ser tan malo, e
claro no inferno o diaño cumpriu o seu parte e non lle deixou pasar,
pero deu a Jack unha lanterna, unha peculiar lanterna en compensación
por todo o mal causado. Esta lanterna consistía nun nabo oco cun carbón
que sería incandescente por sempre. E desde entón cóntase que Jack
(coñecido por Jack of the Lantern, Jack da lanterna) deambula polo mundo
coa súa lanterna en busca dun lugar onde descansar.
Existe outra variante da
lenda na que Jack fixo unha broma ao dia ño; fíxolle rubir por unha
árbore seca e quedou encerrado no seu tronco. A cambio da súa
liberdade, o diaño teríalle que deixar de tentar coa bebida. E claro,
como fora unha persoa que fixera malas accións, e como o diaño en
vinganza pola broma non lle deixou entrar, quedou por "aí", vagando
eternamente coa súa lanterna.
A lanterna era a
base de nabo, entón... de onde vén a cabaza? Cando chegaron os
primeiros colonos ingleses e irlandeses, tiñan a tradición do nabo,
pero se atoparon coa cabaza. Esta ofrecía mellores características que o
nabo: en primeiro lugar é máis grande que un nabo e pódese introducir
unha vela, dando máis luz; en segundo lugar proporciona máis alimento; e
en terceiro lugar é máis vistosa.
Existe tamén a
lenda que se recorta a cabaza en forma de monstro e acéndese unha vela
dentro para que Jack, Jack o da Lanterna, non se achegue a esa casa,
empuñando a súa eterna luz para ver nas tebras...
No hay comentarios:
Publicar un comentario