As Mulleres Rurais "As Fervenzas" de Barro participan no programa "Pensa en ti" da Deputación, inaugurado onte pola deputada Ana Isabel Vázquez. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 2 de octubre de 2012

As Mulleres Rurais "As Fervenzas" de Barro participan no programa "Pensa en ti" da Deputación, inaugurado onte pola deputada Ana Isabel Vázquez.

MÁIS DE 7.000 PERSOAS PARTICIPAN NO PROGRAMA PENSA EN TI 

As Mulleres Rurais "As Fervenzas" de Barro participan no programa "Pensa en ti" da Deputación, inaugurado onte pola deputada Ana Isabel Vázquez.

O curso que desenvolverán ata o mes de decembro será o de informática avanzada e participarán nel 15 alumnas.

As instalacións que acollerán dita actividade serán as da Bibliotéca Pública do Concello de Barro.

Na inauguración de dito curso a deputada Ana Isabel Vázquez incidiu no "carácter social" da Deputación Provincial e a "contínua aposta pola formación e desenrolo das persoas".


Unhas 7.200 persoas, a través de 358 asociacións, participarán este ano no programa Pensa en Ti, ao que a Administración Provincial destina unha achega total de 383.400 euros.

O obxectivo central deste programa é fomentar a participación e cooperación social e promover a igualdade entre homes e mulleres.

A empresa Estretexia Plus xestiona as actividades nas comarcas do Condado-Paradanta, Pontevedra, Caldas, Baixo Miño e na área sur de Vigo; mentres que Formagal, Formación e Servicios faino nas zonas de Vigo Norte e Centro e nas comarcas de O Morrazo, Tabeirós, Deza e o Salnés.

Este ano, como novidade e coa intención de implicar aos homes no traballo a prol da igualdade e da promoción da muller, establécese unha reserva do 20% das prazas para os homes. Actualmente estanse a organizar cursos de 130 especialidades diferentes, agrupados nas áreas de desenvolvemento persoal e saúde física e mental; desenvolvemento profesional (con especialidades de novas tecnoloxías, idiomas, servizos na empresa e servizos ás persoas); formación para a igualdade entre homes e mulleres; cultura tradicional, música e baile; manualidades, arte e bricolaxe; e cociña, agricultura e elaboracións artesanais






No hay comentarios:

Publicar un comentario