CANDO PODEMOS SOLICITAR PRAZA NA ESCOLA, E DE HABELA, CANDO ENTRA @ VOS@ FILL@
PREZADAS FAMILIAS: NAS ESCOLAS INFANTIS DA REDE DA GALIÑA AZUL, TODO O ANO
RECOLLEMOS A DOCUMENTACIÓN PARA QUE AS CRIANZAS POIDAN ENTRAR NA ESCOLA NO
CASO DE HABER PRAZAS VACANTES, SO QUE AS CRIANZAS NON TEÑEN ACCESO
INMEDIATO Á ESCOLA SENÓN QUE SE INCORPORAN SEGUNDO SE EXPLICA A
CONTINUACIÓN:
- ENTREGANDO O DOCUMENTACIÓN NECESARIA DENDE O 1 AO 31 DE MARZO, E NO CASO DE HABER PRAZAS VACANTES, @S NEN@S INCORPORARANSE Á ESCOLA A PRINCIPIOS DE SETEMBRO (DÍA POR DETERMINAR SEGUNDO COMUNICACIÓN DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR)
- ENTREGANDO O DOCUMENTACIÓN NECESARIA DENDE O 1 DE ABRIL ATA O 31 DE XULLO NA ESCOLA OU DENDE O 1 AO 31 DE AGOSTO NO CONCELLO, E NO CASO DE HABER PRAZAS VACANTES, @S NEN@S INCORPORARANSE Á ESCOLA O 15 DE OUTUBRO
- ENTREGANDO O DOCUMENTACIÓN NECESARIA DENDE O 1 DE SETEMBRO AO 3O DE NOVEMBRO, E NO CASO DE HABER PRAZAS VACANTES, @S NEN@S INCORPORARANSE Á ESCOLA A PRINCIPIOS DE FEBREIRO (DÍA POR DETERMINAR SEGUNDO AVISO DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR)
AS CRIANZAS MATRICULADAS NA ESCOLA ATA O 31 DE XANEIRO PODEN RENOVAR AUTOMÁTICAMENTE PRAZA NA ESCOLA, PARA O QUE SE LLES HA PASAR UN IMPRESO DE RENOVACIÓN NO COMEZO DO MES DE MARZO.
UN SAÚDO, A DIRECTORA
No hay comentarios:
Publicar un comentario